Poñemos en marcha o blog da Plataforma

O día 16 de abril de 2012 constitúase en Compostela o cerne da Plataforma contra as Fumigacións. Hoxe arrinca este blog que pretende ser o punto de referencia sobre o problema e sobre as actividades da plataforma.

Aínda está nunha fase moi inicial e esperamos ilo completando con urxencia.

5 reflexións sobre “Poñemos en marcha o blog da Plataforma

  1. Acabamos de arrincar en Viveiro cun proxecto que versará sobre a agroecoloxía; tenda ecolóxica, asesoramento e divulgación da agroecoloxía. Espazo Agroecolóxico A Estruga. Será dificil neste marco asolagado polos eucaliptais pero hai que xerar alternativas en prol da diversidade.

    Apoiamos plenamente a plataforma contra as fumigacións e ofrecémonos como voceiros desta zona para facer chegar a vosa mensaxe.

    Moito ánimo e contade có noso apoio.

  2. Moito ánimo!! E moitas gracias por dar a coñecer as intencións de ASPAPEL que para moitos eran descoñecidas e dar voz a tantos anónimos que nos opoñemos frontalmente ás fumigacións con flufenoxuron. Contade conmigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.