Os abelleiros convencen os propietarios de Porto do Son para non fumigaren

Segundo nos contan os compañeiros da AGA:

Onte na Casa da Cultura de Porto do Son estaba convocada (Asociación Forestal) unha xuntanza para que os interesados na fumigación dos eucaliptos firmaran a autorización.

Os nosos abelleiros, grupo APIBAR, abelleiros do Barbanza, foron o local vestidos de abelleiros, despois de falarlles os convocantes das bondades do produto tomaron a palabra os abelleiros e falaron das maldades e non firmou ninguén e incluso a parte contraria se puxo do lado dos abelleiros dandolles a razón.

Parabéns á xente de APIBAR por esta acción de concienciación e por frear as fumigacións nese concello. Esperamos coñecer novas convocatorias para poder repetir estas accións informativas. Sabes ti dalgunha? Cóntanolo o antes posible! Grazas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.