O Goberno proíbe a nosa manifestación en Melide pero nós… iremos á festa!

Aínda que non é habitual que se denegue o permiso para exercer o dereito a manifestarse, nesta ocasión a Delegación do Goberno, seguramente preocupada pola incidencia dun acto molesto para os plans da Xunta e das empresas responsables das fumigacións, decidiu aplicar o prazo mínimo de solicitude, entendendo que non hai motivos que xustifiquen a urxencia da convocatoria.

Se cadra se fosen fumigar con carácter inmediato a casa do delegado do Goberno, aplicaría un criterio diferente, pero isto é o que temos.

Xa que logo, a Plataforma decidiu renunciar a realizar unha manifestación pero mantemos a cita prevista con todos na Foliada de Melide, para realizar información cara a cara e participar como outros cidadáns máis na festa melidense. Informemos en animada e festiva conversa aos nosos paisanos en Melide! Festa con conciencia! Festa activa!

(Lembrade mercar un tarriño de mel nos postos de venda de Melide… seica se lles acaba!) 😉

2 reflexións sobre “O Goberno proíbe a nosa manifestación en Melide pero nós… iremos á festa!

  1. Pingback: MundoGaliza – Prohibida a manifestación en Melide o día 29 de abril

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *