[Comunicado de prensa] Unha campaña informativa a pé de rúa en Melide constata a preocupación dos e das melideses ante o perigo inminente de ser intoxicados por Flufexonuron

Hoxe, domingo 29 de abril, a Plataforma contra as Fumigacións tiña programada unha manifestación en Melide para protestar polos tratamentos aéreos contra o gorgullo do eucalipto cun pesticida prohibido na Unión Europea pola súa perigosidade e alta toxicidade: o Flufexonuron. A pesar da inminencia destas fumigacións, a Delegación do Goberno non entendeu a urxencia do evento e prohibiu a manifestación.

A Plataforma contra as Fumigacións decidiu acatar a prohibición. Como alternativa, membros da Plataforma desprazáronse até Melide para informar, a pé de rúa, e de ti a ti, á cidadanía melidense, e a persoas que visitaron a vila para asistir á Foliada e ao mercado feiral, dos perigos destas fumigacións que se pretenden facer en toda Galicia promovidas pola Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (Aspapel) en conivencia coa Xunta e concellos como o de Melide, que está a instar aos propietarios e propietarias de eucaliptais —a través da súa páxina web e de bandos públicos— a conceder o permiso para ser fumigados. Entre as accións informativas desenvolvidas, repartíronse centos de panfletos e fixéronse perfomances con persoas caracterizadas como abellas, apilcultores e fumigadores.

Esta acción realizada hoxe serviu para constatar a falla de información existente entre a poboación que vai sufrir directamente as fumigacións e a súa fonda preocupación ao coñecer o que se lles vén enriba. Así, informouse a sectores profesionais seriamente ameazados, como produtores e produtoras de mel e hortalizas, ou titulares de explotacións ecolóxicas. Mais, alén destas persoas, informouse tamén á cidadanía en xeral das consecuencias nefastas que estas fumigacións poden ter para o medio ambiente e a saúde das persoas e da fauna, especialmente das abellas, que corren serio perigo de extinguirse na Galiza se a Xunta autoriza as fumigacións, con repercusións catastróficas para sectores como o da horta ou a froita, amais do apícola, que se verán privados do seu principal axente polinizador.

2 reflexións sobre “[Comunicado de prensa] Unha campaña informativa a pé de rúa en Melide constata a preocupación dos e das melideses ante o perigo inminente de ser intoxicados por Flufexonuron

  1. Pingback: [Vídeo] Foliada informativa en Melide | Plataforma contra as Fumigacións

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>