Máis de 10.000 persoas piden a ASPAPEL e á Xunta que non se realicen as fumigacións con Cascade

Campaña #queremosAbellas en ActuableA campaña que desde o día 16 solicita na plataforma Actuable o apoio dos internautas para frear as fumigacións previstas superou no mediodía de hoxe os 10.000 apoios. Cunha mensaxe inicialmente dirixida a quen paga as fumigacións (a industria papeleira representada en ASPAPEL), amplíase agora con e-mails dirixidos á Conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana.

Coa axuda de Actuable, e espallándose polas redes sociais como Facebook e Twitter (cos lemas #queremosAbellas e #fumigacionsNON) somos milleiros máis cada día as persoas que estamos deixando moi claro que non permitiremos que a neglixencia das administracións e os intereses empresariais atenten contra a saúde das galegas e galegos e contra o medio ambiente do que depende a nosa directa subsistencia e a de nosos fillos e fillas.

Apoia e espalla esta campaña para que se retire este plan de fumigacións inminentes que pende sobre as nosas cabezas!

4 reflexións sobre “Máis de 10.000 persoas piden a ASPAPEL e á Xunta que non se realicen as fumigacións con Cascade

  1. Non nos deixaron manifestarnos en Melide, pero na Rede non poden deter esta marea de indignación e protesta!

    • pois semella que queren despachar esa borralla asasina antes do 1 de agosto, isto é un asesinato masivo da vida nos montes

      • Si, así é. Pero temos informacións de que queren facelo moito antes, xa mesmo. Se non fora porque lles chove e iso impide a fumigación aérea terían comezado soltar o pesticida xa no mes de abril. Por algún lugar como Viveiro parece que xa comezaron. Noutros avisaron de que era inminente.

  2. No día 30 de abril superamos amplamente os 15.000 apoios, con máis de 5.000 que chegaron no último día grazas á difusión que Actuable está dando a esta campaña. Grazas a eles e a todos os que estades a sumar o voso apoio e protesta!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>