[Vídeo] Foliada informativa en Melide

A Delegación do Goberno prohibiu unha manifestación en Melide na que se ían denunciar as fumigacións con flufenoxuron, un pesticida que será ilegal a partir de agosto pola súa alta toxicidade e perigosidade.

Así e todo, persoas pertencentes ou simpatizantes das organizacións membros da Plataforma contra as Fumigacións achegáronse á vila melidense para informar, dun xeito festivo e personalizado, a cantas xentes quixeron saber máis desta ameaza que se lles vén enriba, e que non foron poucas, xa que ese día —29 de abril de 2012— se celebraba a Foliada e o mercado feira.

No vídeo podedes ver algunhas tomas do que deu de sí este feirear informativo…

Unha reflexión sobre “[Vídeo] Foliada informativa en Melide

  1. Velaquí a letra que compuxeron os compañeiros indignados de Betanzos:

    “En un pais multicolor
    libre de flufenoxurón
    nació una abeja en el lugar
    con muchas larvas pa’ criar.

    No hay problema que no solucione Maya,
    si no firmas vivirán sus larvas.
    Maya vuela sin cesar,
    trabajando sin parar.

    Las avionetas no fumigarán el cielo
    si Melide no firma el acuerdo.
    Maya vuela sin cesar,
    que no tengas que escapar.”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>