Por qué son falsas as informacións dadas pola Xunta de Galicia con respecto á suposta «non toxicidade» do Cascade

Os seguintes datos desminten as informacións subministradas hoxe polo secretario xeral de Montes da Xunta de Galicia ao respecto do insecticida que teñen previsto botar sobre as plantacións de eucalipto de Galiza:

Imaxe do folleto do Cascade1º) A empresa BASF (fabricante do flufenoxurón baixo o nome comercial Cascade) fornece a seguinte información nas follas de seguridade (de libre acceso ao público). Indícase na páxina 1 de BASF Ficha de Datos de Seguridad según Reglamento CE Nº 1907/2006. Fecha / actualizada el: 18.06.2010

Polo tanto, non corrixiron a información tras a publicación do Reglamento da UE de 22 de setembro de 2011.

Deste modo non se incorpora a información seguinte do Reglamento:

páxina 14: “Durante la evaluación de esta sustancia activa se detectaron problemas. En particular, los que figuran a continuación. No se pudo finalizar la evaluación del riesgo para los consumidores porque la exposición de los consumidores no pudo evaluarse de manera fiable, en particular en lo que respecta a la magnitud y a la relevancia toxicológica de diversos metabolitos. Además, el flufenoxurón tiene un alto potencial de bioacumulación en la cadena alimentaria. Por otra parte, se detectó un elevado riesgo para los organismos acuáticos”

Na mesma páxina: “…pese a los argumentos presentados por el solicitante, no pudieron eliminarse los problemas a que se refiere el considerando 7. Por consiguiente, no ha quedado demostrado que pueda esperarse que, en las condiciones de uso propuestas, los productos fitosanitarios que contienen flufenoxurón satisfagan en general los requisitos establecidos en el artículo 5, apartado 1, letras a) y b), de la Directiva 91/414/CEE.”

Esta última directiva á que se fai referencia pode verse en:
http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=OJ:L:1991:230:0001:0032:ES:PDF

O artículo 5, apartado 1, letras a e b, onde se indican los requisitos a seguir para que o produto fitosanitario sexa admitido, di:

“1. A la luz de los actuales conocimientos científicos y técnicos, una sustancia activa se incluirá en el Anexo I por un período inicial no superior a diez años, cuando quepa esperar que los productos fitosanitarios que contegan dicha sustancia activa cumplen las siguientes condiciones:

a) que sus residuos resultantes de una aplicación conforme a las buenas prácticas fitosanitarias no tengan efectos nocivos para la salud humana o animal ni para las aguas subterráneas, ni repercusiones inaceptables para el medio ambiente, y en la medida en que tengan relevancia toxicológica o medioambiental, pueden medirse con métodos generalmente aceptados;

b) que su utilización resultante de una aplicación con arreglo a las buenas prácticas de protección vegetal no tenga efectos nocivos para la salud humana o animal ni repercusiones inaceptables para el medio ambiente, según lo establecido en los puntos iv) y v) de la letra b) del apartado 1 del artículo 4.”

Dito de outro modo, o Regulamento da UE, establece que o flufenoxurón non ten garantías suficientes para afirmar que non teñan efectos nocivos para saúde humana, animal, augas subterráneas ou medio ambiente.

2º) Nesas mesmas follas informativas do produto Cascade admítese:

páxina 1: “Muy tóxico para los organismos acuáticos, puede provocar a largo plazo efectos negativos en el medio ambiente acuático”

páxina 3: “Medidas de protección para el medio ambiente: Evitar que el producto penetre en el suelo/subsuelo. Evitar que penetre en el alcantarillado, aguas superficiales o subterráneas.”

8 reflexións sobre “Por qué son falsas as informacións dadas pola Xunta de Galicia con respecto á suposta «non toxicidade» do Cascade

  1. Esta plataforma no es más que un atajo de abejaflautas. A ver si os fumigan de una vez y dejáis de dar tanto la brasa con las abejitas.

    • Josean… ¿porqué non te derretes nun centro coruñés de raios uva e deixas de cagar por esa boca sentencias de cucaracha PePera castrada con diarreas crónicas… o teu é grave parvuliño… levas vinte anos tendo sete e medio…

  2. Pingback: Por qué son falsas as informacións dadas pola Xunta de Galicia con respecto á suposta «non toxicidade» do Cascade

  3. Non sei de que vos queixades. En canto vos maten as abellas, ha vir a Monsanto ou algunha outra desas a vendervos o último modelo en abellas tranxénicas, especializadas en polinizar unicamente as plantas con copyright-Monsanto. Sementes que vos venderán a módico prezo eles mesmos, por suposto.

  4. Señor Secretario Xeral de Montes e Medio Rural da Xunta de Galicia.
    Pídolle que teña un pouco de sensibilidade coas persoas que viven no pais que lle toca gobernar neste momento da súa vida.
    Pídolle que escoite tal e como escoita os que lle están pedindo autorización para fumigar unha praga que está atacando a un monocultivo forestal, que eles mesmos están propoñendo plantar maioritariamente nos terreos deste pais, argumentando que así poden ser mais rendibles economicamente, saben que en monocultivos sen rotacións as pragas fanse mais resistentes, non entendo porque queren combatela desta forma, a non ser, que queiran investigar, non sei con que fins.
    As investigacións están ben, pero non investigen tomandonos como ratas de laboratorio para facer os seus experimentos, non e necesario esperar uns anos para ver os resultados, vostedes teñen actualmente unha previsión do que vai pasar e os resultados finais xa os coñecen agora.
    Se autoriza as fumigacións queremos ter a mesma información que ten vostede, e poder saber exactamente en que lugares e as datas nas que se van facer, para estar un pouco previdos tal e como vai estar vostede e os seus achegados.
    Nos, non temos medios para comprobar se os alimentos das nosas explotacións van ter residuos dese produto que vostedes van autorizar a espallar polos terreos plantados con eucaliptos, e poden caer nos nosos alimentos, e que matarán ou enfermarán outras especies de seres vivos alleos a praga que queren combater.
    Con todos os meus respectos.
    Xan da Abelleira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *