Máis de 4.000 persoas “recomendan” á Xunta na súa páxina de Facebook que deteñan as fumigacións

Malia teren borrado centos de mensaxes ata o momento e continuaren exercendo a censura das voces que desde o inicio desta ciberacción enchen as novas publicadas na Xunta no seu Facebook co berro de Fumigacións NON!, na sección de Recomendacións seguen a se lles acumularen. Hoxe a mediodía superáronse as 4.000 mensaxes nesta sección da páxina da Xunta de Galicia en Facebook, tal e como amosamos nesta captura.

As noticias que seguen a publicar nesta páxina os seus administradores continúan a encherse con comentarios, que unha vez pasados os momentos álxidos da ciberacción nos que chegaban de diversos países son agora procedentes principalmente de Galiza, o cal nótase especialmente na retranca ou raiba coa que son escritos.

Eles seguirán a borrar e nós a protestar (e a capturar as expresións de rexeitamento social a este demencial plan de fumigacións aéreas).

Captura desta tarde da páxina de Facebook da Xunta de Galicia

Tamén vos ofrecemos unha captura en formato HTML grazas a outro amable usuario que se ocupou de tomar a instantánea durante o día de hoxe.

2 reflexións sobre “Máis de 4.000 persoas “recomendan” á Xunta na súa páxina de Facebook que deteñan as fumigacións

  1. Pingback: Todo pola pasta (de papel)! | Plataforma contra as Fumigacións

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.