Xa son máis de 150.000 sinaturas en contra das fumigacións

A iniciativa de recollida de sinaturas posta en marcha por un participante na nosa Plataforma chegou onte aos 150.000 apoios, e continúa a medrar imparable. Por cada un destes apoios, a responsable de medio ambiente da patronal papeleira ASPAPEL así como diversos responsables da Xunta de Galicia, incluíndo a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, están a recibir unha carta esixindo a cancelación inmediata dos plans de fumigación aérea co pesticida Cascade (flufenoxurón) en Galiza.

A recente unión da plataforma Actuable (onde inicialmente fora creada a iniciativa de recollida de apoios online) coa estadounidense Change.org redundou nun medre espectacular de apoios, debido seguramente á meirando audiencia desta última plataforma, que ten conseguido xa importantes logros coas peticións que alberga. Esperamos que esta iniciativa para deter as fumigacións tamén faga recapacitar a quen as planifica e as autoriza, xa que estas voces non as poden calar, como en troques si que tentan facer coas que protestan por outras vías complementarias como Facebook.

[ACTUALIZACIÓN 17/05/2012: Change rebaixou de súpeto e de maneira importante a cifra de apoios que consta no seu web. Estamos á espera de que nos fornezan máis información sobre este baile de cifras, e publicaremos información ao respecto o antes posible.]

Feijoo recibe a noticia de que xa hai máis de 150.000 sinaturas online contra as fumigacións

Con motivo do paso de Actuable a Change os comentarios anteriormente deixados por diversos usuarios desapareceron, pero xa se solicitou aos responsables da plataforma a súa recuperación, porque pensamos que son importantes todas as voces e toda a información adicional que os cidadáns están a partillar coa Plataforma e co resto da poboación galega, cada día máis avisada e alarmada por estes perigosos plans de contaminación masiva http://fumigacionsnon.org/2012/05/08/mapas-das-fumigacions-aereas-previstas-en-galiza-co-pesticida-catalogado-como-toxico-pola-union-europea/do noso territorio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.