«Salvemos as abellas», agora en Change.org, xa case duplica os apoios recibidos en Actuable

A partir de hoxe modificamos o bloque da nosa columna dereita para recoller os apoios online, que aínda amosaba o contador tal e como quedara antes da migración de Actuable.es a Change.org: 89.451 sinaturas. Desde entón, a cifra da campaña, agora ubicada en Change.org superou as 150.000 persoas e chega nestes momentos ás 163.281. [ACTUALIZACIÓN 17/05/2012: Change rebaixou de súpeto e de maneira importante a cifra de apoios que consta no seu web. Estamos á espera de que nos fornezan máis información sobre este baile de cifras, e publicaremos información ao respecto o antes posible.]

Grazas de novo a todos os que estades espallando e apoiando esta loita na defensa de Galiza, da nosa natureza, a nosa agricultura… as vida das nosas abellas e a nosa propia!

Lembrade que hai que modificar o código para inserirdes a campaña nos vosos blogs e webs e que faga referencia a Change e non a Actuable. Para isto tedes que copiar o seguinte código (podedes modificar a largura que no código está posta a 200 píxeles):

Change.org|Iniciar otra petición online

2 reflexións sobre “«Salvemos as abellas», agora en Change.org, xa case duplica os apoios recibidos en Actuable

1. Pingback: Este luns 21 entregaremos na Xunta de Galicia os milleiros de sinaturas recollidas contra as fumigacións | Plataforma contra as Fumigacións

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *