A Asociación pola Defensa da Ría solicita aos concellos de Pontevedra que se posicionen en contra das fumigacións

Desde a APDR (Pontevedra) informáronnos o pasado día 14/05/2012:

Hoxe fixemos un envío (vía rexistro) aos concellos da comarca de pontevedra en sentido amplio invitándolles a que se situen publicamente sobre este tema e eviten as fumigacións nas áreas contempladas no ámbito do seus concellos.

Nesta ligazón podedes descargar o documento (en PDF), que pode servir para outras entidades e persoas a título particular como modelo adaptable que presentaren nos seus concellos. Tanto se o teu concello está dentro dos obxectivos iniciais do plan de fumigacións masivas, coma se non (poderían realizalas tamén, como se demostrou no caso de Melide), pídelles que se posicionen en contra delas: é o seu deber.

Unha reflexión sobre “A Asociación pola Defensa da Ría solicita aos concellos de Pontevedra que se posicionen en contra das fumigacións

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *