Recibimos as primeiras fotos que proban que as fumigacións xa comezaron… por terra!

Proba gráfica das fumigacións con pesticida en Pazos de BorbénUn participante na Plataforma fíxonos chegar onte unhas fotografías tomadas nas plantacións de eucaliptos do monte veciñal de Cepeda, en Pazos de Borbén. Agradecemos vivamente esta denuncia gráfica e animamos a calquera persoa ou organización a nos enviaren máis probas gráficas deste atentado masivo contra o país! Esteamos cos ollos abertos a camionetas deste tipo, a helicópteros ou avionetas (ou mesmo globos ou avións teledirixidos). Sabemos que se non é por un medio van tentar fumigar por outros, así que moito ollo!

As fumigacións andan perto: o sábado 12 de maio, unha furgoneta provista dun canón nebulizador dedicouse a fumigar os eucaliptais do monte veciñal de Cepeda, en Pazos de Borbén, nunha plantación que o pasado ano sufríu un forte ataque do gorgullo Gonipterus scutellatus. Se non me confundo, estes eucaliptais están situados nunha área de monte comunal que a Xunta de Montes daquela freguesía conveniou con Norte Forestal S.A., filial de Ence. Trátase de superficies de nova repoboación, onde seguramente introduciron eucaliptos clónicos de rápido crecemento.

Sinto que a calidade das fotos non sexa mellor, o veículo estaba mui lonxe. Outras comunidades de montes da zona, como a de Pazos, negáronse rotundamente á fumigación dos seus montes, pero este non semella ser o caso de Cepeda. Neste caso a fumigación non foi aérea, pero se vos fixades ben a pouca distancia do veículo unha vaca pace pracidamente entre os eucaliptos tratados. Entre as áreas de fumigación existen zonas de grande valor ecolóxico, como o curso alto do río Alén, no concello de Mondariz. Non me extrañaria que anden a fumigar tamén por aquí, temos que estar atentos.

Para o control do noso amigo defoliador existe unha alternativa biolóxica que se ven aplicando desde hai tempo, que eu saiba con bastante éxito: unha vespiña australiana que parasita as postas de Gonipterus: Anaphes nitens. As fumigacións dos eucaliptais están polo tanto completamente inxustificadas (salvo para o lobby do eucalipto e das empresas de agroquímicos, claro).

Fumigacións con pesticida dos eucaliptos en Pazos de Borbén

Fumigacións Pazos de Borbén, pesticida eucaliptos

Fumigacións Cascade en Pazos de Borbén

5 reflexións sobre “Recibimos as primeiras fotos que proban que as fumigacións xa comezaron… por terra!

    • Grazas polo artigo, Raúl! Está visto que malia teren utilizado este insecticida non conseguiron acabar co goniptero e si reducir o número de abellas de maneira brutal. Se agora o fan desta maneira masiva e aérea sería un golpe terminal para elas… e para nós!

  1. É noxento, a maioría dos humanos aínda non se decataron de que somos parte do planeta e, que o deterioro que se lle faga non poderemos arranxalo.
    El danos; osíxeno,aliméntanos, acubíllanos,fai que poidamos gozar da paisaxe, … doume de conta que é innumerábel.
    Mais resúmese nunha palabra ¡VIDA!

  2. Pingback: MundoGaliza – Aparecen camionetas fumigadoras polos montes de Mazaricos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *