Resposta ás declaracións da Consellería de Medio Rural e Mar

A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na súa intervención no Pleno o pasado día 23 de maio, afirmou este mércores no parlamento que:

“non está autorizada ningunha fumigación aérea con flufenoxuron e non entrariamos a revogar autorización algunha porque nin sequera hai solicitude”.

Ademais, sinalou que as peticións só se atenden no caso de qeu sexan aéreas, posto que xa se utilizan en tratamentos terrestres.

Podes ler a nota de prensa completa no seguinte enlace a EuropaPress. Na web da xunta colgouse a seguinte nota e un vídeo moi breve.

A continuación reproducimos unha resposta que chega da man de Suso Asorey, membro da Plataforma contra as fumigacións e tamén da Asociación Galega de Apicultura (AGA).

A Sra. Conselleira do Medio Rural e do Mar:

Como cultivadores de abellas, levamos 12 anos cunha grande desaparición das nosas colmeas, nalgúns lugares cunha desaparición dun 90-100%, por termo medio temos un 30% de desaparicións, unhas 30.000 colmeas/ano, que podemos valorar en 120 millóns de perdas anuais, valor da colmea, valor da produción e valor do efecto polinizador.

O máis importante non é o valor das abellas nin dos seus produtos, o efecto polinizador é o que máis importa:

  • A Prestixiosa Royal Geográfical  Society, reuneu en Londres, no ano 2008 a un grupo de Científicos reconocidos, de todo o mundo, para dilucidar cal era a especie máis importante para a vida na terra, na votación definitiva saíu nominada a abella como a especie máis valiosa de cantas existen.
  • O Parlamento  Europeo, en sesión plenaria no ano 2011, ofreceu unha cifras elocuentes; o 80% das plantas con flores precisan das abellas para ser polinizadas, o 84% das plantas cultivadas esixen abellas para ser produtivas, e finalmente que o 76% da nosa alimentación depende de que haxa abellas nos nosos campos.
  • Xa “Albert Einstein” pronosticara que “sen abellas non habería alimentación para os humanos”  outros autores e científicos recoñecidos conclúen que “se faltaran as abellas, a vida na terra non tería nada que ver co que hoxe temos”.

As abellas son sentinelas do medio ambiente, estánnos indicando que hai un problema medio ambiental grave en todo o mundo, o tema da desaparición das abellas non é máis que a punta dun iceberg, outros moitos polinizadores que non se cultivan tamén está desaparecendo, e moita fauna das nosas augas tamén. A biodiversidade está en declive según estudios varios.

O tema da desaparición das abellas non é un problema só dos abelleiros, o mel poderíase importar pero a polinización necesaria non, en Galicia tamén son imprescindibles as abellas.

Cada día saen a luz novos estudios científicos que relaccionan a desaparición das abellas co emprego de pesticidas nos nosos campos, este fenómeno empezou a raiz da aparición no mercado dunha nova xeración de pesticidas, sistémicos, neurotóxicos, neonicotinoides, que teñen un efecto subletal para as abellas, afectan ao seu sistema de orientación, saen o campo e non regresan a colmea, pérdense no campo, e finalmente a colmea queda sen abellas.

Este fenómeno dase en Galicia sobre todo en certas áreas de cultivos de hortalizas e froiteiras e sobre todo onde se sementa millo forraxeiro, coas sementes tratadas con pesticidas, por medio do pole que recollen as abellas no millo.

A partires dahí atopamos casos aillados e esporádicos en lugares afastados destes cultivos e incluso en zonas de monte, en Cabeza de Manzaneda desapareceron case todas as abellas, cada certo tempo aparecen desaparicións en Ancares, Courel etc.

A nosa hipótese culpa aos tratamentos sobre os eucaliptos deste fenómeno, esporádico e lonxano. A bibliografía fala do desplazamentos destes produtos, polas augas, polo ar etc., neste caso podería ser polo ar, xa que un produto destes lanzado o ar, un día de algo de vento formaría unha nube tóxica que se desplazaría en función do vento, dirección e velocidade e tería  moitas posibilidades de depositarse nas montañas. O Confidor (Imidacloprid) foi un dos produtos utilizado. Na provincia de A Coruña e Pontevedra e norte de Lugo a desaparición das abellas é moito maior que no resto de Galicia.

En canto o Cascade (flufenuxeron), parece que é o produto máis utlilizado para combater o gonipterus, era un produto no que non tiñamos reparado moito, pero a raiz da non renovación da autorización pola Comisión europea, por problemas de toxicidade, entre outras para as larvas das abellas, pero tamén para a fauna acuática e sobre todo para a saúde das persoas xa que é bioacumulativo . Se intoxicamos as crías non hai renovación de abellas e o enxame desarece ou fai contraer enfermidades.

A nivel oficial fálase moito das enfermidades que serían as responsables da desaparición, é certo que as doenzas coñecidas, cada vez son máis agresivas, e malas de curar, pero a teoría de moitos investigadores, Spaivak, “non pode haber abellas sás nun medio ambiente enfermo”, “o sistema immunitario das abellas está devaluado a raiz deste envenenamento” e polo tanto as doenzas incrementanse e son máis agresivas.

Volvendo aos tratamentos con Cascade, parece que foi o produto co que trataron tamén o ano pasado a “ pulguiña do carballo” nalgunhas zonas de Ourense, en concreto na zona de Celanova houbo unha grande mortandade das abellas, e notras zonas de Ourense sucedeo o mesmo, cousa que antes non ocurrira, polo que vin na prensa tamén parece que o Ministerio do Medio Rural lle vai dar a nosa Consellería 700.000 € para fumigar os piñeiros, supoñemos que será con este mesmo produto.

Como non pensar mal e chegar a conlusión de que hai moitos intereses en utilizar o produto almacenado que non se poderá comercializar a partir do 1 de agosto nin usar a partir do 31 de decembro?

Coido que temos toda a razón para opoñernos a esta fumigación co cascade e pediríamoslle a toda a cidadanía que non colaboren nesta campaña de fumigacións prevista, xa que nos, os abelleiros defendemos a nosa actividade, o mesmo que os propietarios forestais, pero a diferencia está en que nos defendemos tamén uns intereses comúns de toda a cidadanía, defendemos a calidade da auga que bebemos, do ar que respiramos, dos alimentos que comemos, tamén defendemos a biodiversidade e a saúde das persoas.

Suso Asorey-  AGA

5 reflexións sobre “Resposta ás declaracións da Consellería de Medio Rural e Mar

  1. Tamén comentaron desde AGA:

    Non é suficiente con que non promova, non debe autorizar e ademáis debería estar vixiando que non se fagan os tratamentos como xa se están facendo, xa sexan particulares con motobonbas que xa están fumigando e tamén con helicopteros que xa foron vistos en algúns lugares.

    Non sabemos para que sirve o “control biolóxico” se tamén vai ser fumigado…..

  2. E desde Véspera de Nada:

    A destacar na nota de prensa da Xunta:

    “O obxectivo do tratamento aéreo –tal e como foi trasladado polos promotores nunha sesión da Mesa da Madeira– é, en todo caso, o de diminuír as poboacións do gorgullo para facer máis eficaz a loita biolóxica, se ben aínda non se materializou nunha solicitude de tratamento”

    – Comentario: ademais da contradición de que o tratamento aéreo fai “máis eficaz a loita biolóxica”, destacar que non houbo solicitude de tratamento. Se a chega a haber, que fará a Xunta?, autorizalo?

    “Cómpre puntualizar ao respecto que á Xunta unicamente lle compete avaliar as peticións que poida recibir para emitir, no seu caso, a correspondente autorización administrativa que non é necesaria para os tratamentos desde terra, e insistir en que Medio Rural e Mar por iniciativa propia non contempla levar a cabo ningún tipo de tratamento aéreo co devandito produto antiquitinizante.”

    – Comentario: A Xunta interpreta que non é necesaria a autorización administrativa para os tratamentos desde terra. Quere dicir isto que non hai nengún control administrativo do uso masivo de pesticidas cando se fan con motobombas?. Isto é peor do que supoñíamos, a Xunta nin controla nin pensa controlar.

    • A sabidureda paoulpr non existe. Ou votar un tercio de votantes a Hitler ven sendo algfan acto de sabidureda?As mateme1ticas e os poledticos este1n ref1idos.Por que non lles aprende que 3 votos A + 2 voto B e9 maior que 4 votos C?A democracia dos votos, ui a Santa Democracia dos Votos! Habere1 que pedirlles f3s portugueses que refagan a sfaa historia eliminando un 25 de abril (para seren me1is demf3cratas)?

  3. Reproducimos íntegra a nota da Xunta do día 23 de maio:

    Rosa Quintana: “non hai autorizada ningunha fumigación aérea contra o gorgullo do eucalipto polo que non podemos prohibir o que non está autorizado”

    A conselleira do Medio Rural e do Mar pediu no Parlamento seriedade e rigor á hora de abordar este asunto, fronte ao tratamento inexacto e pouco rigoroso que algúns “estiveron facendo”

    Puntualizou que o insecticida flufenoxuron “está autorizado expresamente na súa venta e aplicación polo Goberno do Estado” e que “non se trata dun neurotóxico, senón dun antiquitinizante”

    Santiago, 23 de maio de 2012.- Neste momento “non está autorizada ningunha fumigación aérea con flufenoxuron e non entrariamos a revogar autorización algunha porque nin sequera hai solicitude”. Así o reiterou hoxe no Parlamento a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, en resposta a unha pregunta oral relacionada co tratamento contra a doenza provocada polo gorgullo do eucalipto.

    A titular de Medio Rural e Mar pediu na súa intervención seriedade e rigor á hora de abordar este asunto, fronte ao tratamento inexacto e pouco rigoroso que algúns fixeron nestas últimas semanas dun caso inexistente no que se está a solicitar á Xunta que se prohiba algo que nin sequera se autorizou.

    Neste sentido puntualizou que este produto fitosanitario “está autorizado expresamente na súa venta e aplicación polo Goberno do Estado”, en base á moratoria que prevé a normativa europea. Ademais puntualizou que non se trata dun neurotóxico (que provoca dano e toxicidade), senón dun antiquitinizante (actúa sobre as larvas cando cambian de estado, impedindo o seu desenvolvemento).

    Avaliar e autorizar

    A maiores, Rosa Quintana lembrou unha vez máis que a Xunta simplemente se limita a avaliar e autorizar (de ser o caso) os tratamentos aéreos e que non promove de motu propio esta fumigación. A conselleira advertiu de que “unha vez recibamos unha solicitude desenvolveremos unha aplicación exhaustiva e rigorosa da norma” e procederase á autorización se procede. .

    Cómpre recordar que o departamento que dirixe Rosa Quintana está a levar a cabo un programa de loita biolóxica contra o gorgullo do eucalipto, mediante o incremento nesta primavera nun 164% –con respecto ao 2011– do número de soltas do seu parasito natural, Anaphaes nitens. O obxectivo final deste sistema de loita é chegar a establecer un equilibrio entre as poboacións do insecto e as do seu parasito natural, reducindo así a poboación do primeiro por baixo do limiar da praga.

  4. Ao reproducido por Europapress, desde Véspera de Nada comentan tamén:

    – Rosa Quintana ha afirmado que “no tomará ninguna decisión irresponsable” y ha pedido a la diputada nacionalista que “no alarme a la población” sobre la toxicidad de estas fumigaciones.

    – “Yo tengo la responsabilidad de pensar en los apicultores, en los ganaderos, pero también en la madera, que es una actividad comercial más, y tomaré las decisiones en función de la normativa y siempre con la legalidad por delante”, ha sentenciado la conselleira.

    SIGNIFICADO: “Non tomarei ningunha decisión irresponsable porque as fumigacións non son tóxicas. Polo tanto, cando autorice estarei actuando con responsabilidade porque os madereiros son tamén da miña responsabilidade e, até agosto, todo é legal”
    OUTRO SIGNIFICADO: “Quen advirte sobre a toxicidade das fumigacións é alarmista e irresponsable, isto inclúe a apicultores a gandeiros que só pensan en si mesmos e non noutros como os madeireiros”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *