Os concellos comezan a posicionarse contra as fumigacións: Ribadeo dilles «NON»

Se o Concello de Melide o primeiro en avisar con bandos e a través da súa páxina web a veciños e veciñas para que autorizaran as fumigacións aéreas con Cascade agora é o Concello de Ribadeo o primeiro en facer o contrario: recomenda á veciñanza que non fumiguen.

Desde a Plataforma aplaudimos a iniciativa deste concello e esperemos que a partir de agora sexan moitos os que se manifesten en contra das fumigacións.

Achegamos unha copia das declaracións colgadas no web do Concello de Ribadeo:

O FLUFENOXURÓN É MOI PERIGOSO PARA A VIDA ACUÁTICA
Coidado coas fumigacións dos montes
31/05/2012

O alcalde, Fernando Suárez, ven de asinar un bando informativo dirixido a todos os posuidores de montes que precisen levar a cabo labores de fumigación para que non utilicen o flufenoxurón, dadas as fatais consecuencias que o seu uso pode xerar para o medio ambiente e para a saúde das persoas. Trátase dun principio activo de varios insecticidas que ata o de agora se empregaba para loitar contra as pragas de gurgullo.

O edil nacionalista Horacio Cupeiro explicou que “este asunto se abordou no encontro que mantivemos o pasado venres. O flufenoxurón estáse a utilizar para as fumigacións nos eucaliptos contra o gurgullo. A xuntanza foi moi entretenida, había veterinarios, enxeñeiros agrícolas, todos especialmente preocupados polo que está a suceder. Todos sabemos que a Xunta está a ofrecer fumigar gratuitamente os montes e os propietarios poden darlles autorización para que así o fagan”. Horacio Cupeiro dixo que “o regulamento de execución 942/2011 da Unión Europea determinou a non aprobación desta substancia activa, o flufenoxurón, o que supón na práctica e en resumo que os bioidas que a conteñan quedarán sen autorización a partires do 1 de agosto de 2012″. Seguir lendo

Carta aberta ás alcaldías da Mariña

Recuperamos esta nova aparecida nun xornal da Mariña a finais de abril onde se reproduce unha carta enviada desde a Plataforma aos alcaldes e alcaldesas da comarca da Mariña:

Benqueridos alcaldes,

Ao parecer a asociación de produtores de papel e cartón ASPAPEL, co coñecemento da Consellería de Medio Rural e do Mar, está a ofrecer ás comunidades de montes e a propietarios particulares da nosa comarca fumigacións aéreas gratuítas co insecticida CASCADE, da casa BASF, a base de flufenoxuron.

As asociacións constituíntes da Plataforma Contra as Fumigacións na Mariña solicitamos a súa intevención para paralizar estas accións que coidamos moi perigosas, especialmente no noso pais, onde a dispersión da poboación fai que en case calquera lugar poida haber casas ou persoas. Seguir lendo

Os micólogos en contra das fumigacións

Os “danos colaterais” das fumigacións non sempre se teñen en conta mais xa sabemos que o flufenoxurón non ataca só ao gorgullo do eucalipto, senón que tamén lle afecta ás abellas, a outros insectos, ás aves, aos macroinvetebrados, … e tamén aos cogumelos, como denuncia a Federación Galega de Micoloxía nun artigo publicado na Voz:

Los micólogos denuncian los daños por la fumigación
Los micólogos han querido unirse a las quejas de los ecologistas gallegos respecto al anuncio de fumigaciones en zonas de eucalpitos del áre de Vigo y Pontevedra para luchar contra el gorgullo.
La Federación Galega de Micoloxía llama la atención sobre el riesgo que este material supone para los hongos y sus frutos, las setas. Según explican, existen estudios que han demostrados que los hongos son muy sensibles a la presencia de insecticidas en el medio. La situación se compilca si se tiene en cuenta que luego pueden ser consumidos por animales o por personas. Seguir lendo

Francia contra os pesticidas

Mentres na Galiza e noutros puntos do estado se planifican fumigacións aéreas con  pesticidas altamente tóxicos en periodo de moratoria que quedarán fora do mercado en apenas dous meses, en Francia retiran e prohíben o uso de insecticidas tan só coas sospeitas de que pode ser nocivo para as abellas.

Podes ler a nova continuación:

FRANCIA – PROHIBEN EL USO DEL INSECTICIDA CRUISER POR SER NOCIVO PARA LAS ABEJAS

El ministro de Agricultura, Stéphane Le Foll, dijo hoy  viernes que prohibió inmediatamente en suelo francés el uso del insecticidaa OSR Cruiser, sospechoso de ser nocivo para las abejas. Para “la siembra de la colza que se viene,  el permiso que se había sido otorgado se retira”, dijo a los periodistas después de recibir un informe de la ANSES (Agencia Nacional de Seguridad Alimentaria , el medio ambiente y el trabajo). La OSR Cruiser compuesto por 3 sustancias activas, tiametoxam (insecticida), fludioxonil y metalaxil-M (fungicidas) que se destinen al tratamiento de las semillas oleaginosas de las crucíferas.

Vía APINEWS, fonte eitb (en francés)

 

O Cascade: tamén tóxico para as aves

O pesticida flufenoxurón non só é tóxico para as abellas senón para moitos outros insectos, contamina a auga, … e ademais tamén as aves se ven afectadas, como demostran algúns experimentos.

Un traballo de investigación publicado no Journal of Cell and Animal Biology  [1] demostra que o flufenoxuron (principio activo do Cascade) altera o desenvolvemento embrionario dos ovos de galiña (empregado como animal de experimentación) e perturba distintos parámetros bioquímicos. Doses baixas de 20 microgramos producen una alta mortalidade embrionaria.

Os autores no seu traballo destacan tamén os: (i) efectos negativos do Flufenoxuron (Cascade) noutros organismos, por acumulación e magnificación na cadea alimentaria. [a, b, c] toxicidade en Podisus maculiventris [d] e en aves [e]; así como (ii) a súa persitencia no medio ambiente [f].

Referencias: Seguir lendo