#FumigaciónsNON 10Xuño: Manifestación en Compostela

Únete ao enxamio que percorrerá Compostela este domingo 10 de xuño contra as fumigacións!

A Plataforma contra as fumigacións vai defender un país sen pesticidas este domingo nas rúas de Compostela. As voces de abelleiros, labregos, ecoloxistas, e máis de 40 organizacións sociais de todo o país van crear un zunido imposible de calar! Agora non poderán borrar as nosas voces como fixeron con centos de protestas na súa páxina de Facebook. A Xunta de Galicia terá que escoitar o clamor en contra dunhas fumigacións que van contra o sentido común, contra as leis e o que é máis importante, contra o futuro da agricultura, dos ecosistemas e da saúde de milleiros de galegas e galegos que viven nas decenas de puntos que xa están marcados no mapa militar desta guerra contra a nosa soberanía alimentar e para maior gloria da auténtica praga: o eucalipto!

En Internet xa somos case 100.000 persoas a dicirlle NON ás fumigacións e SI á vida das abellas, vítimas na primeira liña deste ataque frontal contra a supervivencia da natureza da que nos alimentamos e da que somos parte intergrante. Agora xuntaremos milleiros de voces tamén nas rúas da capital de Galiza para deixarlles claro aos que poñen o diñeiro e asinan as autorizacións, que non imos permitilo e que coa comida e a auga que consumimos nós e os nosos fillos non se xoga. Co noso monte non se xoga! Nin unha pinga dese veleno na nosa auga, na nosa terra!

Axúdanos a espallar a convocatoria. Pega os cartaces da mani na túa cidade ou vila, fala do problema cos teus amigos, familiares, compañeiros de traballo, veciños…

Xa o dicían os nosos vellos: se morren as abellas, morremos nós!

Calquera día poden aparecer os helicópteros sobrevoando a túa vila, a túa aldea, os nosos montes… Agora é o momento de pararlles os pes! O domingo día 10 de xuño en Compostela!

Comparte este vídeo (realizado pola xente de Gz Vídeos) cos teus contactos e paremos o Apocalypse Flufenoxurón!

Ver o vídeo tamén en Youtube (ollo: o de Youtube non se pode inserir. Se o queres reproducir no teu web, utiliza o código de Blip.tv)

6 reflexións sobre “#FumigaciónsNON 10Xuño: Manifestación en Compostela

  1. Bees are the future of humanity, if they die everybody will afterwards.
    Las abejas son el futuro de la humanidad, si mueren todos lo harán
    Be nice to you, look after them, they work hard for keeping the Orders
    Mira por ti, cuida de ellas, trabajan duro para mantener los Órdenes
    They make not only honey, but life going on & on for good too
    Fabrican no sólo miel, sino continuación de vida para siempre también

  2. Pingback: Las abejas | Carme Diamdo polo mundo

  3. Pingback: [Comunicado de prensa] Centos de persoas amosan en Compostela o seu rexeitamento ás fumigacións con Flufenoxuron e piden unha Galiza sen pesticidas | Plataforma contra as Fumigacións

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>