Aparecen camionetas fumigadoras polos montes de Mazaricos

Grazas ao diario dixital da Costa da More Que pasa na costa soubemos que se viron camionetas da empresa portuguesa Floresta Bem Coidada polos montes de Mazaricos armados con canóns fumigadores. Pode ser un novo indicio de que as fumigacións están a comezar dunha maneira máis discreta ca prevista inicialmente dos helicópteros.

Agradecemos a este medio a súa achega deste documento gráfico e a difusión do problema das fumigacións que veñen realizando. Lembramos que aínda que Mazaricos non é un dos concellos que aparecen nos plans de fumigación que foron filtrados, estes sabemos que se quedan curtos desde o principio, xa que temos a proba de que por exemplo Melide non está neles pero aínda así foi un dos primeiros concellos onde se comezaron solicitar as autorizacións aos propietarios para realizar as fumigacións aéreas.

Furgonetas fumigadoras portuguesas en Mazaricos

Unha reflexión sobre “Aparecen camionetas fumigadoras polos montes de Mazaricos

  1. Pingback: Os fumigadores si andan pola Costa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.