Fai que o teu concello se mova contra as fumigacións

Desde a Plataforma contras as fumigacións queremos informar a todos os concellos e queremos tamén que se posicionen en defensa dos seus veciños e veciñas, prantándolle cara á patronal do papel e á Xunta de Galicia.

Queremos extender a todos os concellos galegos unha proposta que xa tivo éxito nalgúns concellos coma Ribadeo, Oleiros, Narón ou Vilaboa, que se posicionan contra as fumigacións, na defensa da seguridade da súa comunidade, do seu medio e por unha política forestal máis respectuosa e sustentable.

A nosa acción require da vosa colaboración para entregar en todos os concellos, de xeito coordinado, unha moción para que sexa debatida no próximo pleno do voso concello, en contra das fumigacións con Cascade.

Trátase de entregar dous documentos, que poñemos á vosa disposición, no rexistro do voso concello, á atención da alcaldía do mesmo, e procurar facer un seguimento do que se discuta no pleno.

Resultados das mocións presentadas

KML-LogoFullscreen-LogoQR-code-logoGeoJSON-LogoGeoRSS-LogoWikitude-Logo
Mapa Acción-Moción

cargando mapa - por favor, espere...

Moción Valdoviño: 43.605753, -8.144302
Mocion Melide: 42.913818, -8.015556
Moción Santiso: 42.856840, -8.042336
Moción Toques: 42.943606, -7.968864
Moción Marín: 42.391009, -8.702545
Moción Ribadeo: 43.538096, -7.049103
Moción Narón: 43.507725, -8.187561
Moción Vilaboa: 42.347000, -8.650188
Moción Tui: 42.046743, -8.644867
Moción Ares: 43.424999, -8.246613
Moción Redondela: 42.287977, -8.608818
Moción Mondoñedo: 43.428739, -7.364445
Moción Oleiros: 43.332920, -8.348236
Moción Ames: 42.907909, -8.617401
Moción Irixoa: 43.284641, -8.066111
Moción Paderne: 43.286078, -8.172112

Os documentos

A Moción: Este documento contén unha exposición da problemática das fumigacións con flufenoxurón e unha explicacións dos motivos polos que nos posicionamos en contra dos mesmos. Finalmente insta ao concello a facer unha declaración institucional onde adopta os seguintes acordos:

  • Non permitir as fumigacións aéreas con Cascade no seu término municipal
  • Instar á Xunta a que non autorice as fumigacións
  • Fomentar unha xestión forestal sostible

Os diferentes grupos políticos deben ser informados desta moción e por iniciativa dalgún deles podería ser discutida no pleno. Por isto é importante que, se podedes contactar con representantes dalgún partido político con representación no pleno lles informedes desta campaña, solicitando o seu apoio á moción.

A instancia: A instancia é un documento que achegamos á moción cando o entregamos no rexistro do concello para informar de que estamos a entregar unha moción que queremos que sexa trasladada aos diferentes grupos políticos no governo municipal.

Manual: como entregar a moción no teu concello

  • Descarga os modelos de instancia e moción
  • Cubre os datos da instancia e da moción cos teus datos e cos do teu concello e imprime os documentos
  • Diríxete ao teu concello e fai entrega, no rexistro, dos dous documentos: instancia + moción
  • Consulta e toma nota da data de celebración do próximo pleno
  • Pregunta como podes informarte do resultado do próximo pleno
  • Contacta cos grupos políticos e busca o compromiso dalgún deles para propoñer e apoiar a moción
  • Informa a través da web da Plataforma da entrega da documentación (podes facelo con un comentario nesta entrada)

Planificación da acción

Até o día 20 de xullo buscaranse voluntarios e voluntarias que queiran colaborar entregando mocións nos seus concellos ou nos das súas proximidades. Na seguinte semana, a partir do día 23, realizarase a entrega das mocións.

Documentos

13 reflexións sobre “Fai que o teu concello se mova contra as fumigacións

  1. Estos apicultores estan locos , lo que esta acabando con las abejas es el acaro Varroa que las debilita y las diezma , el cascade no es toxico para abejas mamiferos y aves. actua contra los acaros y larvas de escarabajos.

    • Ola Pepe
      Na propia folla de seguridade que proporciona a casa que fabrica o pesticida, a BASF, podes ler o seguinte:

      Eco-toxicidad:
      Los estudios indican que el producto no presenta riesgos significativos cuando se utiliza
      correctamente en ambientes agrícolas.
      Baja toxicidad para aves y peces.
      Extremadamente tóxico para artrópodos acuáticos.
      Tóxico para la larva de la abeja.
      Baja toxicidad apara aves y peces
      El producto no es persistente en el medio ambiente y no es bioacmulativo.
      Extremadamente tóxico para algunos grupos de invertebrados acuáticos.
      Tiende a acumularse en grasa, peces, moluscos y gusanos de tierra.

      Ademais, tes que lembrar que en menos de dúas semanas entrará en vigor a prohibición da venda deste produto, decisión que se tomou baseada en estudos e análises e non en aproximacións sobre a saúde mental dos abelleiros.

      • yo una cosa es que no comprendo , las colmenas no estan en el monte necesitan de lugares soleados y sin matorral si el producto se va a aplicar en las copas de los eucaliptos que es donde ataca el escarabajo y donde tiene sus larvas , os preocupa que las abejas que se posen en las flores de esos eucaliptos aunque a ellas no les afecte lleven contaminacion a la colmena? de todas maneras no estoy muy seguro de la epoca de floracion del eucalipto pero creo que ya esta pasada de fecha a estas alturas …el riesgo a mi entender esta hay pero es minimo , respecto a la prohibicion eso es relativo no estoy al tanto de ese producto pero se que si no es rentable para la marca la UE por tener la patente le exige impuestos que igual no ha renovado por lo que se anula el permiso de aplicacion , no se si lo han anulado por eso o por toxicidad , por que no es alta ..

        • Ola Pepe
          Tal e como dis as colmeas precisan dunha boa orientación e a sombra total non lles é beneficiosa ás abellas mais se coñeces o monte saberás que non é difícil atopar en moitos montes apiarios con varias colmeas.
          En canto ao que dis das copas dos eucaliptos, entenderás que unha fumigación aérea (e tamén as que se fan desde terra con grandes canóns) non son moi selectivas á hora de expandir o pesticida así que pensar que só as copas das árbores serán afectadas non se adapta moito á realidade, iso sen mencionar os estudos que falan sobre a alta dispersión dos químicos en fumigacións aéreas que podes atopar enlazados na propia páxina da plataforma e dos que falamos en mais ocasións.
          Outro tema é que non debemos reducir o problema a unha cuestión de mortandade das abellas, pois, aínda que este é un factor clave, a oposición da plataforma ás fumigacións non só se centra niso, tamén na contaminación das augas, etc… As nosas motivacións podes consultalas nesta mesma web.
          O motivo da prohibición do CASCADE é a súa toxicidade, como podes consultar nos documentos que temos colgados no blog e non ten nada a ver con cuestións de rendabilidade económica ou problemas burocráticos.
          Anímote a que afondes na lectura da documentación que temos na web para ter máis información, pois estamos a facer un esforzo por documentarnos ben e non publicar falsedades.
          Un saúdo

  2. Ir contra Naturaleza perjudica a todos, a pesar de la “baja toxicidad” (pero existente y acumulativa), y a pesar de todas las justificaciones económicas, higiénicas, o lucrativas para los laboratorios.

  3. Boas, eu comprométome a entregar instancia e moción no Concello de Vimianzo o próximo luns 23, procurarei informar a Plataforma de como vaia o proceso.

  4. Boas tardes
    Nós temos unas fincas no monte dun concello mais vivimos noutro e temos algunhas dúbidas. Podemos entrega a moción ao noso nome sen estar empadroados? Temos que ir o dia que se fale da moción no concello y defendelo?

    • Ola Amalia
      Non vexo ningún problema en que entreguedes mocións en concellos nos que non estades empadroados. Non tedes que ir o día que se fale da moción a defendelo. O mellor sería que conseguirades falar con algún partido con representación no concello para que eles o defendesen (e se o precisan, podedes axudarlles). Por desgracia presentar a moción non obriga á discusión do asunto no pleno senón que a alcaldía ten unicamente que informar aos partidos. É necesaria a iniciativa dalgún partido con representación no pleno para discutir o asunto e tomar algunha decisión.
      Gracias polo voso interese e colaboración.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *