Brasil restrinxe a utilización de insecticidas para salvar ás abellas

O desaparecimento das abellas é, desde hai poucos anos, un dos problemas que preocupan tanto a apicultores como a agricultores. A función polinizadora que realizan as abellas nos campos de cultivo resulta tan fundamental que no Brasil o goberno ten comezado a preocuparse seriamente pola salvagarda desta especie.

De acordo ás teorías que defenden múltiples estudos sobre a relación entre o uso de insecticidas e outros produtos químicos na agricultura o Instituto Brasileiro do Meio Ambiente e dos Recursos Naturais Renováveis (Ibama) está a restrinxir a utilización de diversos produtos químicos considerados tóxicos para as abellas, fundamentalmente en cultivos de algodón, soia e trigo.

É de agradecer que algúns países comecen a tomarse en serio os problemas da utilización masiva de produtos químicos e as súas consecuencias para o medio, e en concreto para as abellas, piar fundamental da produción de alimentos. Mentres, na Galiza, promóvese a fumigación con flufenoxurón, un químico que a propia fabricante, BASF, indica como tóxico para as abellas na folla de seguridade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *