Fumigacións aéreas con Cascade (2012)

[ACTUALIZACIÓN DICIEMBRE 2012] A presión social consegue que a Xunta desautorice as fumigacións aéreas co pesticida Cascade.

Seccións

Resume do problema

  1. A patronal española do papel (ASPAPEL) pretende realizar coa colaboración da Xunta de Galicia e outras entidades unha fumigación masiva das plantacións de eucaliptos galegas afectadas por un insecto, o Gonipterus scutellatus.
  2. A fumigación vaise realizar cun insecticida chamado comercialmente Cascade, cuxo principio activo é unha substancia denominada flufenoxurón.
  3. Esa sustancia foi catalogada como daniña pola Unión Europea e prohibiu a súa venda a partir do 1 de agosto deste ano (2012).
  4. Un dos seus peores efectos é que é altamente tóxica para as larvas das abellas, como o propio fabricante recoñece na etiquetaxe do produto.
  5. Se se fumiga masivamente este produto nos montes galegos, existe un gran perigo de exterminio das poboacións de abellas, xa moi reducidas polo continuo uso de pesticidas, segundo apuntan os estudos científicos.
  6. Se morren as abellas en Galicia, aparte doutros efectos nocivos no ecosistema, non se polinizarán a maior parte das plantas das que nos alimentamos os humanos e os animais que criamos para nos alimentarmos.
  7. Sen polinización, non hai reprodución destas plantas, e a nosa agricultura colapsará.
    Entre as especies vexetais das que nos alimentamos, as seguintes dependen necesariamente da acción polinizadora das abellas para producir froito e semente (ou vense favorecidas por ela):

    Árbores froiteiras:
    Maceira, pereira, castiñeiro, vide, kiwi, amendoeira, melocotoeiro, cerdeira, ameixeira…

    Especies forraxeiras:
    Alfalfa, trevo, liño, algodón…

    Cultivos de horta:
    Tomate, couves, cabazas, cabaciñas, pemento, cenorias, perexil, nabos, brécol, porro, couveflor, berenxenas, melóns, cogombros, amorodos, framboesas, espárragos, silveira (amoras)…

    Fontes:

Nestoutras ligazóns atoparás explicacións máis polo miúdo desta grave ameaza para Galiza:

Máis información sobre a desaparición das abellas

Máis sobre a relación de pragas e monocultivos

7 reflexións sobre “Fumigacións aéreas con Cascade (2012)

  1. Pingback: [TomaLaTierra] fumigaciones aéreas de eucaliptales en Galicia con pesticidas prohibidos « Xochipilli – Red de Arte Planetaria -

  2. E se iso formase parte dun plan deliberado por parte non das químicas e das madereiras senón da agroindustria? Imaxinade, un país como Galiza condeado a depender do exterior para alimentarse, de súpeto 3 millóns máis de clientes incapaces de cultivar unha puta leituga coas súas propias sementes.

    Aquí pode que haxa moitos máis intereses económicos dos que semella a simples vista.

  3. Pingback: MundoGaliza – As abellas en perigo de extinción se a Xunta autoriza as fumigacións

  4. Estas fumigacións agrocidas, a PAC, a nova Lei de Montes… todo apunta a un plan para destruír a capacidade agrogandeira de Galiza e convertela nunha inmensa explotación de monocultivos para as industrias (da madeira, do papel, da enerxía…). E aos galegos e galegas que precisamos da nosa terra para comer… que nos dean!

  5. Pingback: Anónimo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>