Lemas da campaña

[ACTUALIZACIÓN DICIEMBRE 2012] A presión social consegue que a Xunta desautorice as fumigacións aéreas co pesticida Cascade.

Aquí iremos recopilando lemas que podedes usar para crear novo material de campaña, para espallar emails, para tuitear, enviar mensaxes en Facebook e outras redes sociais, para protestar diante dos responsables, empregar en actos, etc. Se queres suxerir algún máis escríbenos para webmaster ARROBA fumigacionsnon PUNTO org ou simplemente déixao nun comentario ao pé desta mesma páxina. Grazas por colaborares!

  • Queremos Abellas / #queremosAbellas (hashtag para Twitter)
  • Queremos abellas, a súa vida é a nosa
  • Sen abellas non hai futuro
  • Sen abellas non hai agricultura
  • Se morren as abellas morremos nós
  • Por un futuro sen pesticidas / Por un presente sen pesticidas / Por unha Galiza sen pesticidas
  • Non ás fumigacións / #fumigacionsNON (hashtag para Twitter)
  • Mexan veleno por nós e dinnos que chove
  • Un país sen abellas é un país condenado a depender do exterior para se alimentar. É ese o futuro que queres para a túa terra?
  • A verdadeira plaga son os eucaliptos
  • Paremos as fumigacións de veleno en Galicia
  • Non deixes que exterminen as abellas galegas! Despois, tocarache a ti!
  • Fagamos enxamio! Paremos as fumigacións suicidas!
  • Denantes mortos que fumigados!
  • Non, non, non, / á fumigación
  • O flufenoxurón / na casiña de Feijóo
  • Non máis pesticidas / nin velenos homicidas
  • Se queremos plantas, precisamos abellas
  • Non, non, non, / ás fumigacións. / Se morren as abellas / atrás imos nós.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *