Crónica da mesa redonda-debate do martes 29 de maio

Desde a Mariña lucense fannos chegar a crónica do que foi mesa redonda-debate celebrada onte en Ribadeo.

Reproducimos ao completo a nota de prensa enviada pola asemblea 15m da Mariña lucense – Occidente asturiano:

O pasado martes 29 tivo lugar en Ribadeo unha mesa redonda-debate para informar sobre as fumigacións dos eucaliptais na comarca. Foi convocada pola Asamblea do 15M da Mariña lucense- Occidente asturiano e, como poñentes da mesma, participaron unha enxeñeira forestal, un veterinario e un técnico de medio ambiente. Así mesmo, asistiron persoas pertencenteas aos colectivos que forman parte de Plataforma Fumigacións Non na comarca da Mariña: Sindicato Labrego Galego, Amarante, 15M, abelleiros, labregas, etc.
Igualmente, acudiron como público unha persoa do equipo de goberno do Concello de Ribadeo e outra pertencente a Promariba.
Desde a Asemblea 15M invitárase a participar tamén á Consellería de Medio Rural pero ninguén se presentou pola parte deste organismo. Seguir lendo