Todo pola pasta (de papel)!

(Versión extendida dun artigo de Casdeiro publicado na sección Altermundo do número de setembro da revista Tempos Novos. Ao artigo, escrito no 15/08/2012 engadíronselle ligazóns nesta versión online para quen quixer ampliar información, e máis algunhas notas ao pé.)

A industria papeleira española segue adiante cos seus plans de fumigar masivamente Galiza cun pesticida declarado tóxico pola UE.

Para salvar os eucaliptos, sacrificar as abellas; e con elas non só o medio de vida de milleiros de apicultores senón un elemento chave dos nosos ecosistemas que permite a polinización de numerosas plantas incluídas moitas das que nos alimentamos. Ese é o plan que xorde a comezos deste ano no seo de ASPAPEL (Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón), entidade presidida por ENCE, e que comeza a poñerse en marcha en primavera coa colaboración da Xunta de Galicia, asociacións forestais galegas, determinados concellos gobernados polo PP e técnicos do centro de investigación de Areeiro. O monocultivo do eucalipto en Galiza áchase afectado por unha praga (algo ao que son sumamente proclives os monocultivos) dun insecto chamado Gonipterus scutellatus, comunmente coñecido como gorgullo do eucalipto. Malia existiren outras vías menos daniñas para o combater, como a loita biolóxica, a industria papeleira opta por empregar un insecticida da casa BASF chamado comercialmente Cascade, e cuxo principio activo é o flufenoxurón. O abriante do caso é que, contravindo a normativa europea, elíxese facer por medio de fumigacións aéreas (que esparexen o produto mesmo fóra das zonas afectadas) e sobre todo que o feito de que a propia UE decideu proibir a súa fabricación, comercialización e uso por ser demasiado daniño para o medio ambiente. Porén, alguén debeu pensar que había que colocar os stocks do Cascade antes de que entrase en vigor a proibición e todo apunta a que elexiron Galiza como o país que ía apandar.

Seguir lendo

«Salvemos as abellas», agora en Change.org, xa case duplica os apoios recibidos en Actuable

A partir de hoxe modificamos o bloque da nosa columna dereita para recoller os apoios online, que aínda amosaba o contador tal e como quedara antes da migración de Actuable.es a Change.org: 89.451 sinaturas. Desde entón, a cifra da campaña, agora ubicada en Change.org superou as 150.000 persoas e chega nestes momentos ás 163.281. [ACTUALIZACIÓN 17/05/2012: Change rebaixou de súpeto e de maneira importante a cifra de apoios que consta no seu web. Estamos á espera de que nos fornezan máis información sobre este baile de cifras, e publicaremos información ao respecto o antes posible.]

Grazas de novo a todos os que estades espallando e apoiando esta loita na defensa de Galiza, da nosa natureza, a nosa agricultura… as vida das nosas abellas e a nosa propia!

Lembrade que hai que modificar o código para inserirdes a campaña nos vosos blogs e webs e que faga referencia a Change e non a Actuable. Para isto tedes que copiar o seguinte código (podedes modificar a largura que no código está posta a 200 píxeles):

Change.org|Iniciar otra petición online

Máis de 4.000 persoas “recomendan” á Xunta na súa páxina de Facebook que deteñan as fumigacións

Malia teren borrado centos de mensaxes ata o momento e continuaren exercendo a censura das voces que desde o inicio desta ciberacción enchen as novas publicadas na Xunta no seu Facebook co berro de Fumigacións NON!, na sección de Recomendacións seguen a se lles acumularen. Hoxe a mediodía superáronse as 4.000 mensaxes nesta sección da páxina da Xunta de Galicia en Facebook, tal e como amosamos nesta captura.

As noticias que seguen a publicar nesta páxina os seus administradores continúan a encherse con comentarios, que unha vez pasados os momentos álxidos da ciberacción nos que chegaban de diversos países son agora procedentes principalmente de Galiza, o cal nótase especialmente na retranca ou raiba coa que son escritos.

Eles seguirán a borrar e nós a protestar (e a capturar as expresións de rexeitamento social a este demencial plan de fumigacións aéreas).

Captura desta tarde da páxina de Facebook da Xunta de Galicia

Tamén vos ofrecemos unha captura en formato HTML grazas a outro amable usuario que se ocupou de tomar a instantánea durante o día de hoxe.

A Xunta continúa tentando calar a protesta contra as fumigacións en Facebook

Unha das moitas capturas da ciberprotesta en Facebook contra as fumigacións avaladas pola Xunta de GaliciaMoitas das mensaxes que enviaron os usuarios de Facebook foron onte borradas polos administradores da páxina da Xunta nesta rede social. E aínda hoxe continúan a aparecer novas mensaxes de indignación pedindo que se cancelen as fumigacións previstas e a Xunta continúa a borralas.

Grazas á propia colaboración dos internautas esas mensaxes non se perden de todo. Hoxe ofrecémosvos un par de animacións (en formato GIF) que nos fixeron chegar incluíndo 24 horas de protesta en Facebook, en concreto as que utilizan a sección de Recomendacións na propia páxina da Xunta. As mensaxes non aparecen completas pero ben serve de mostra do nivel que está a acadar a protesta contra estas fumigacións na Rede.

1. Ver primeira parte da animación (1,2 MBytes): Protesta en Facebook contra as fumigacións avaladas pola Xunta de Galicia.
2. Ver segunda parte da animación (4,2 MBytes): Protesta en Facebook contra as fumigacións avaladas pola Xunta de Galicia.

Dispoñemos tamén de numerosas capturas de mensaxes tomadas en diversos momentos desta fin de semana de ciberloita contra as fumigacións, como a que acompaña esta noticia. Se tes ti outras capturas fáinolas chegar e irémolas publicando. Grazas!

A Xunta tenta silenciar o clamor popular de protesta polas fumigacións borrando centos de mensaxes recibidas na súa páxina de Facebook

Como resultado da nova ciberacción de protesta posta en marcha coa colaboración de Actuable, o muro de Facebook oficial da Xunta de Galicia comezou encherse onte pola tarde de mensaxes de protesta chegados desde Galiza, España, e outros países incluídos moitos da nosa diáspora.

Portada que difunde a ciberacción en Facebook

Esta tarde, case 24 h despois, os administradores desta páxina comezaron eliminar algunhas destas mensaxes que estas persoas en solidariedade coas demandas desta Plataforma deixaban ao pé das diversas noticias oficiais da páxina. Así e todo outras moitas permanecen aínda na sección Recomendaciones (3.051 á hora que publicamos esta nota), e seguen a aparecer novas mensaxes ao pé das noticias de onde borraran previamente outras mensaxes.

Este acto de censura demostra ser inútil ante a avalancha de xente que protesta indignada pola autorización da Xunta ás fumigacións previstas en case 350.000 ha da nosa terra, tal e como sabemos agora grazas aos mapas filtrados da empresa Fitoaragón, e polas mentiras descaradas do único responsable do goberno galego que deu a cara ata o de agora.

É inútil porque moitas desas mensaxes quedaron rexistradas nunha captura que fixo un usuario á 1 da madrugada do sábado 5 de maio. Loxicamente faltan moitas que foron deixando outros usuarios do Facebook no trascurso do sábado, pero é unha mostra suficiente da indignación popular ante estes asasinos plans.

Namentras, a protesta continúa tamén en Twitter cos lemas #fumigacionsNON + #queremosAbellas.

Miles de galegos ‘saen’ en defensa das abellas a través das redes sociais

Noticia publicada o venres 04/05/2012 por El Progreso:

Máis de 37.000 persoas apoiaron unha petición en Actuable que pide a ASAPEL (Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón) e ás Consellerias de Medio Rural e de Medio Ambiente que reconsideren o plan para fumigar máis de 100.000 hectáreas de eucaliptais ante unha praga de insectos. Durante o proceso usarase un tóxico insecticida que será vetado en toda a Unión Europea en menos de catro meses.

Segundo a petición, o plan de fumigación, autorizado pola Xunta de Galicia e algúns concellos, terá graves consecuencias para a flora e a fauna galega. Concretamente sinálase o risco para a supervivencia das abellas, especialmente sensibles ao uso deste tipo de pesticidas.

En poucos días, a petición rexistrou un gran crecemento. Cada vez que a petición é asinada, un correo electrónico envíase a ASPAPEL e ás Consellerias da Xunta de Galicia. Nas últimas horas, ademais, centos de usuarios acudiron á páxina da Xunta de Galicia en Facebook para mostrar a súa desconformidade coa autorización de fumigación.

O texto da petición sinala que “a Asociación Galega de Apicultura deu a voz de alarma e solicitou a suspensión das fumigaciones interpondo unha denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente xunto con outras organizacións unidas baixo a Plataforma contra as Fumigacións.”

A plataforma subliña que as abellas son vitais para a fecundación de numerosas plantas, entre elas aquelas destinadas á alimentación humana. A súa desaparición “provocaría o colapso da agricultura e a apicultura en Galicia, e condenaría os galegos á dependencia alimentaria do exterior de xeito indefinido”.

Unha Directiva europea prohibe ademais fumigar desde o aire cando existen outros métodos. Segundo o texto da petición “Existen métodos moito menos agresivos para acabar co insecto que afecta os eucaliptos, por iso é difícil entender por que o empeño en usar este tóxico produto cando existen outras alternativas”.

“Actuable é unha plataforma aberta que serve precisamente para isto: permitir que calquera persoa, en calquera lugar, poida iniciar peticións sobre os temas que máis lle preocupan” afirma Francisco Polo, fundador e director de Actuable. “Esta petición conseguiu un gran apoio e miles de persoas están a pedir dar marcha atrás nese plan de fumigación” engade.

Dillo alto e claro á alcaldesa de Melide: Fumigacións NON!

O de Melide foi un dos primeiros consistorios en colaborar aberta e contundentemente con esta campaña de fumigación, enviando cartas nas que se indicaba aos propietarios de fincas que tiñan que dar a súa autorización.

Por iso o domingo 29 imos estar en Melide presentando esta iniciativa social para deter as fumigacións.

E por iso a xente da asemblea do 15-M das Mariñas / Betanzos puxeron en marcha unha campaña para dirixirse por e-mail á alcadesa Mª Ánxeles Vázquez Mejuto. Participa nesta nova ciberacción da campaña #queremosAbellas / #fumigacionsNON enviando este formulario.