Medio Rural xa recibiu a primeira petición para fumigar 10.000 hectáreas de eucaliptos

Esta nova apareceu hoxe en La Voz de Galicia. Advertimos de que a data da manifestación que indican é errónea! A manifestación nacional en Compostela contra as fumigacións terá lugar o domingo día 10 de xuño. Axiña publicaremos a convocatoria oficial da mesma. Atentos a este blog e á nosa páxina en Facebook e conta de Twitter:

Primera petición para fumigar 10.000 hectáreas de eucaliptos

El repunte de la plaga de gorgojo enfrenta a silvicultores y apicultores

La primera solicitud de fumigación aérea con helicópteros contra el Gonipterus scutellatus, el gorgojo que come hojas y brotes del eucalipto, está siendo analizada por el Servizo de Montes de la Consellería de Medio Rural. Un grupo de propietarios forestales quiere rociar con flufenoxurón una superficie que suma 10.000 hectáreas. No hay plazo para decidir «pero respostaremos en tempo e forma», dice la Xunta, y precisa: «Dunha primeira análise tírase que son masas de eucaliptos continuas, non dispersas, e en ningún caso situadas en espazos protexidos ou zonas sensibles, como cursos de auga».

¿Quién se opone?

Industria y propietarios forestales (sobre todo los más afectados de la franja atlántica) la quieren pero apicultores y ecologistas rechazan la fumigación aérea. La Asociación Galega de Apicultura (AGA) que dirige Xesús Asorey lidera una plataforma de 50 asociaciones y partidos que reunieron 100.000 firmas para que la Xunta no autorice los tratamientos que promueve Aspapel (Asociación de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón). Argumentan que el pesticida matará las abejas, entre otros polinizadores, y contaminará aguas y tierras. Proponen reforzar la lucha biológica, soltando más avispillas que parasiten y controlen el gorgojo. Mañana a las 12.00 se manifestarán en la alameda compostelana.

¿Por qué lo rechazan?

El flufenoxurón es el principio activo del Cascade de BASF, y su autorización en la UE caduca en unos meses. Los abelleiros dicen que la «nube tóxica» puede ser la puntilla a la desaparición de colmenas que sufren desde hace años. Una parte de los apicultores cree que matará las larvas de abejas, ya afectadas por otros insecticidas neonicotinoides que las desorientan tras ingerirlo en el polen. Aseguran que es de amplio espectro, que matará otros insectos (incluidas avispillas parásitas) y si acaba en las aguas afectaría a los anfibios. Creen que podría perjudicar la salud de las personas. Algunos micólogos también temen que pueda ser absorbido por las setas.

¿Por qué lo proponen la industria y silvicultores?

La Asociación Forestal de Galicia (AFG) y otros propietarios creen que el tratamiento químico con medios aéreos es necesario donde el gorgojo se ha desbordado, y como paso previo a la suelta de la avispilla parásita que lo mantenga a raya. En colaboración con ayuntamientos, informaron a los silvicultores para que autoricen tratar sus parcelas. Es voluntario. Francisco Dans, director de la AFG, dice no entender toda la campaña en contra desatada. «Defendemos un tratamiento integrado, químico y biológico, en montes concretos, donde el goniptero se disparó, lo que ocasiona mermas y pérdidas de rentabilidad muy elevadas». Antonio de María Angulo, presidente de la Asociación Profesional de Selvicultores Silvanus, dice que se han dado datos falsos sobre el tema, y se ha politizado: «Estamos plenamente convencidos y nuestra propuesta está a favor de la lucha biológica con Anaphes nitens, pero debemos tener en cuenta que la afección de las masas de eucalipto en algunas zonas es muy importante y para combatirla es necesaria una lucha integral que primeramente rebaje la población del gorgojo para que la suelta posterior del parásito sea efectiva y logre su objetivo, que no es otro que estabilizar las poblaciones de ambos insectos buscando su equilibrio». Remarca que el flufenoxurón es un producto legal en la actualidad «y que por cierto se utiliza también para tratamientos en las viñas, que dan uvas, es decir en productos de consumo humano».

¿Qué hará la Xunta?

AGA dice que el gancho es la gratuidad que se les ofrece a los propietarios, pero Medio Rural negó que promueva tratamientos aéreos con insecticidas, una actividad (hay unos 40 operadores y 120 pilotos en España) con normas cada vez más restrictivas. Dice que solo le compete evaluar las peticiones y emitir, si procede, la autorización administrativa, algo que no se necesita para fumigar desde tierra, como se hizo hasta ahora. La Xunta dice que apuesta por la lucha biológica y soltará un 164 % más de avispillas (en total 250.000 ootecas parasitadas) que en el 2011, aparte de las que financien los propietarios forestales.

La Voz ademais de información erroneamente sobre a convocatoria de manifestación, algo xa grave de por si, desinforma pintando o asunto como un conflito entre silvicultores e apicultores, cando unha boa parte dos silvicultores, conscientes dos graves efectos destas fumigacións, posicionáronse xa claramente en contra delas, como xa vimos publicando neste blog. Agacha tamén que organizacións ecoloxistas, o sindicato agrario SLG ademais de produtores ecolóxicos e todo tipo de organizacións sociais están en contra e fan parte desta plataforma.

Tamén reproducen a falsa teoría xa empregada pola Xunta de Galicia nas súas comunicacións ao respecto indicando que o flufenoxurón non se poderá seguir a usar «por un problema de caducidade de licencias», cando a realidade, accesible nas publicacións oficiais da Comisión Europea, é que se vai retirar polos seus demostrados efectos nocivos para o medio ambiente.

Tamén sementa a dúbida sobre os efectos tóxicos que a propia etiqueta do produto da por seguros («Una parte de los apicultores cree que matará las larvas de abejas») e sobre a opinión dos apicultores, como se estivesen dividos ao respeito.

Tampouco parecen se ter informado correctamente ao indicar «por otros insecticidas neonicotinoides», cando o flufenoxurón non é dese tipo de insecticidas.

Por outra banda din «creen que el tratamiento químico con medios aéreos es necesario donde el gorgojo se ha desbordado, y como paso previo a la suelta de la avispilla parásita que lo mantenga a raya», cando xa é coñecido que a avespa foi xa introducida nas zonas afectadas e polo tanto estará presente cando se fumigue e sufrirá os efectos do insecticida.

La Voz complementa ao artigo coas declaracións dun técnico favorable ás fumigacións, do Centro Areeiro, que ten boa parte de culpa nesta plan de fumigacións masivas por ter informado á Mesa da Madeira de que non había problema con este insecticida:

«Aquí no hay costumbre, pero se pulverizan hasta olivos y encinares»

La pulverización aérea de flufenoxurón se planteó este otoño en una Mesa da Madeira. La plaga iba a más y en febrero la Estación Fitopatolóxica do Areeiro (Pontevedra) confirmó que las puestas del gorgojo se habían adelantado un mes respecto al 2011. Los apicultores -un gran porcentaje de la miel gallega procede de la floración del eucalipto- creen que, ante la próxima caducidad de autorización para el Cascade, se buscaba «dar salida» sobre los eucaliptales gallegos a una gran cantidad de producto. Dicen que fumigar ahora, en la época de máxima actividad de las abejas y otros seres vivos, podría devenir en una catástrofe ecológica y económica. Sospechan que la fumigación por tierra del año pasado en 12.000 hectáreas de carballeiras ourensanas frente a la pulguiña, mató muchas abejas.

¿Qué dicen los técnicos? Pedro Mansilla, director de O Areeiro: «Solo recomiendo fitosanitarios registrados. De lo que hay en el mercado, este es de lo mejorcito en toxicidad, es antiquinizante, impide la muda del bicho. Se trataría al amanecer y al atardecer, y es poco peligroso para las abejas». «No estoy a favor ni en contra, pero con mermas del 20 al 30 % de madera, hay que actuar. La pulverización sería a muy bajo volumen, 200 cm3 de caldo por hectárea, casi nada, con un impacto bajísimo», dice Mansilla, cuyo centro ha producido 5 millones de avispillas parasitoides. «Aquí no hay costumbre -añade- por el clima y el minifundio, pero en Andalucía se fumiga frente a la mosca del olivo y en otros muchos lugares para combatir la plaga de tortris del encinar y así lograr las bellotas para el jamón pata negra».

Insisten de novo na suposta caducidade, agachando que a prohibición se debe a que se teñen demostrado os efectos demasiado prexudiciais para o medio ambiente do Cascade.

Pensamos que declaracións como «es de lo mejorcito» e «es poco peligroso para las abejas» que contradín o que a Comisión Europea (se é tan bo por que o prohiben?) e o propio fabricante indica na etiqueta e nas follas de seguridade do produto son inaceptables nun profesional da súa responsabilidade, máxime cando traballa nun centro financiado con fondos públicos, e que polo tanto pagan todos os cidadáns.

A apicultura en Galiza e os pesticidas

(Un artigo de Suso Asorey, da AGA)

A apicultura en Galiza

Segundo se indica na tese de doutoramento de Abel Yañez, no ano 1988 existían en Galiza uns 4.731 abelleiros con 94.800 colmeas. A provincia de Lugo con 1.710 abelleiros é a máis apícola, seguida da Coruña con 1.400 e Ourense e Pontevedra con 800 abelleiros cada unha.

Trátase dunha pequena apicultura, onde o 92% dos abelleiros non supera as 50 colmeas, mentres na Unión Europea considéranse profesionais a aqueles produtores que superan as 150 colmeas. A apicultura pode ser importante dentro dunha agricultura de tipo pluriactivo ou multifuncional. Mais os abelleiros, por pequenos que sexan, realizan un labor medioambiental ao que habería que darlle moita importancia. A paixón polas abellas está por riba da produción.

AbellasNo ano 1980 naceu a Asociación Galega de Apicultura, AGA, coa fin de informar, formar e asesorar tecnicamente aos abelleiros. A AGA creou no ano 1990 a cooperativa Erica Mel para comercializar e dar servizos a máis de 300 abelleiros de toda Galiza que son os máis profesionalizados. Tamén foi a promotora da denominación Mel de Galiza-Indicación xeográfica protexida (IXP), á que pertencen na actualidade máis de 400 abelleiros. O interese desta denominación estriba na promoción e control duns meles que proceden fundamentalmente de plantas silvestres: castiñeiro, queirogas, silvas, carballos, eucaliptos…

Na actualidade, o sector apícola galego está pasando unha forte crise; as abellas desaparecen sen deixar rastro. Desapareceron en Galiza máis de 1.300 abelleiros nos dez últimos anos, nas provincias de A Coruña e Pontevedra abandoaron case un 60% dos abelleiros e nesas zonas desapareceron tamén máis dun 60% das colmeas que había hai 12 anos. Moitos abelleiros repoñen as baixas tódolos anos e volven a quedar sen abellas á saída do inverno. Non se trata de ningunha doenza coñecida.

Aquí pasa o mesmo que no resto de Europa, este fenómeno apareceu a partir do uso dunha nova xeración de pesticidas sistémicos neurotóxicos. Nos lugares onde máis se usan estes pesticidas desapareceron até o 80% das colmeas, por termo medio nestes últimos anos desapareceu máis do 50% da cabana apícola galega. Esta situación agravouse nos derradeiros 3-4 anos.

Despois dos estudos e traballos científicos realizados noutros países, sobre todo en Francia, chegamos á conclusión de que tamén aquí estes pesticidas son os responsábeis desta desfeita.

Pesticidas

O primeiro produto coñecido en Galiza foi o Confidor (principio activo Imidacloprid), insecticida de amplo espectro, sistémico, neurotóxico, que fabrica a firma Bayer e que se usa en fumigacións sobre todo en hortos, invernadoiros, froiteiras, patacas, etc. Na propia etiqueta aparece como “moi perigoso para as abellas”, e na actualidade tamén se usa para fumigar eucaliptos.

Outros nomes comerciais que tamén se usan pero que non están á venda son o Gaucho (Imidacloprid) e o Regent (Fipronil). Estes pesticidas veñen coas sementes xa tratadas, máis frecuentemente de millo, aínda que tamén poden vir coas sementes de trigo, cebada, remolacha, patacas…

Poden causar intoxicacións agudas, nos días seguintes ás fumigacións ou sementeiras, e tamén intoxicacións crónicas, intoxicación lenta e subletal despois do seu uso e debido a que se espallan pola terra e tamén a que perduran. A intoxicación crónica pode durar até 3 anos despois da utilización dos pesticidas. Por contacto ou inxestión, afectan ao seu sistema nervioso das abellas, que perden o sentido da orientación e xa non volven a colmea.

As áreas máis afectadas en Galiza corresponden coas zonas de horta, froiteiras, millo e ultimamente coas zonas de eucaliptos tratados. Tamén aparecen os efectos en zonas que non coinciden coas anteriores, que pode ser debido a que o vento ou a auga levaron os produtos a longas distancias. Isto pode ocorrer durante as fumigacións ou polo desprendemento de pó dos graos de millo durante a sementeira. O millo con Regent, que foi prohibido en Francia, estase utilizando aquí na Galiza, como se puido comprobar no ano 2005.

Solución

Ecoloxistas e abelleiros/as sabemos que non pode haber abellas sans nun medio ambiente enfermo, e que nun medio ambiente enfermo tamén se resinte a saúde humana. A única solución a esta situación é a prohibición destes pesticidas xa que se trata dun problema que atenta contra as abellas, o medioambiente, a biodiversidade e a saúde pública. Por iso, os nosos gobernantes deberían pensar en modelos de produción agraria alternativos, xa que o actual é moi pernicioso.

Pesticidas

IMIDACLOPRID

Hai uns anos a Nihon Bayer Agrochemicals K.K. desenvolveu un grupo de moléculas chamadas “nicotinoides” derivadas da nicotina. A súa acción mortal nos insectos exércese sobre o sistema nervioso central, bloqueando de forma irreversíbel os receptores nerviosos. Os fitosanitarios que conteñen Imidacloprid úsanse para tratar o pulgón e a mosca branca, así como para o tratamento da semente da pataca, millo e outros cereais ou legumes. O imidacloprid é 10.000 veces más potente que a propia nicotina, e degradase en oito metabolitos, as veces con acción máis potente que a propia materia activa.

FIPRONIL

Pesticidas tóxicos para as abellasDescuberto polos laboratorios franceses Rhone Poulenc a finais dos anos 80, é o principio activo do insecticida comercializado como Regent TS, que se comercializa desde 1997 para tratar as sementes de millo, xirasol e outros cereais. O seu principal fin é loitar contra as larvas, pero os insectos que entran en contacto, incluídas as abellas, morren por sobreexcitación, xa que afecta aos transmisores nerviosos. O fipronil está presente tamén en produtos de xardinería e veterinarios para matar os parasitos dos animais de compañía.

Canceríxeno: a Axencia de Protección do Medio Ambiente de EE.UU. clasificou o fipronil como canceríxeno (produto susceptíbel de provocar cáncer) porque os animais de laboratorio expostos a el desenvolveron tumores benignos e malignos de tiroides. Un dos produtos resultante da súa descomposición pola luz (fipronil-desulfinil) é dez veces más tóxico que o propio fipronil.

MARCAS COMERCIAIS

Imidacloprid (Bayer): Gaucho® (80% imidacloprid), para a protección de sementes (millo, xirasol, xudías, etc.), e Confidor® (20%) e Escocet ® (35%) de aplicación por pulverización para froiteiras, legumes e hortalizas. Fipronil (Basf): Regent®, igualmente para o tratamento de sementes, e pulgas de animais domésticos.

INSTRUCIÓNS

É paradoxal que o Confidor, co 20% de materia activa, indique nas instrucións de uso “moi perigoso para as abellas” e o resto dos produtos, con porcentaxes moito maiores, non fagan ningunha mención á súa alta perigosidade.

Posición oficial

A Resolución B5-0000/2003, de data 23 de xuño de 2003, do Parlamento Europeo sobre as dificultades ás que se enfronta a apicultura europea, entre outras cousas afirma o seguinte:

“…os apicultores deben facer fronte a graves problemas vinculados á perda da cabana apícola (por encima do 80%)…
– …a perda non cesa de agravarse de ano en ano.
– …obsérvase unha sincronización xeográfica e temporal na aparición de ditos síntomas, debido á utilización de novas xeracións de sustancias activas sistémicas neurotóxicas.
– …os síntomas son novos e non se parecen nada a outras patoloxías xa coñecidas e controladas polos apicultores.
– …esta nova xeración de produtos (en particular, o imidacloprid e o fipronil) utilizados en doses sumamente baixas (uns poucos ppb) teñen efectos tóxicos…
– …hoxe sabemos que entre un 2% e un 3% da poboación (humana) sofre patoloxías vinculadas a disfuncións do sistema nervioso nos lugares directamente afectados polos produtos neurotóxicos…
– …debe evitarse a calquera prezo que os agricultores se enfronten una vez más a unha contaminación alimentaria escandalosa do tipo “EEB”, da que non serían responsábeis pero si as primeiras víctimas.
– …que se adopten medidas preventivas polo que respecta a utilización das novas xeracións de produtos neurotóxicos remanentes”
.

Posición científica

Dr. Marc E. Colin. Departamento de Patoloxía Comparada. Universidade de Montpellier (Francia)

As conclusións dos seus estudos son claras e contundentes. Estes produtos producen nas abellas tremores, comportamento de limpeza exaxerado, mala orientación e, finalmente, desaparición das colleiteiras, non ligada obrigatoriamente a unha mortaldade diante da colmea; síntomas ben diferentes aos causados polas enfermidades virais.

O imidacloprid é un nicotinoide que actúa sobre o sistema nervioso central. É 10000 veces máis potente que a propia nicotina e provoca tremores, e unha inmensa debilidade muscular que leva á morte do insecto. Degrádase en 8 metabolitos, ás veces con acción insecticida máis forte que a propia materia activa. Xa se atoparon receptores de imidacloprid no home.

O fipronil pertence a familia dos fenilpirazois e a súa acción e características son moi similares as do imidacloprid. En canto á contaminación en plantas, atopáronse valores medios de 3,5 microgramos/kg no millo e de 1,9 microgramos/kg en pole. A dose letal 50 (DL50, ou dose capaz de matar o 50% das abellas expostas) por inxestión para a abella é de 4,5 nanogramos (mil veces menor que o micro), e por contacto, de 24 ngr. En canto ao fipronil, os datos foron de 4 ngr por inxestión e 6 ngr por contacto.

Abellas alimentadas durante 10 días con xarope contaminado con 0,1 microgr/kg de imidacloprid sofriron unha mortaldade do 40%, mentres que con xarope contaminado con fipronil con 0,01 microgr obtívose aos 10 días unha mortaldade de até o 65% dos individuos.

Para Colin estes insecticidas supoñen un grave problema para o medio por mor da dispersión de moléculas altamente tóxicas no ar, auga e terra, pero incluso para os consumidores que poderían atopar estas toxinas no leite dos animais alimentados con silos de millo Regent ou na auga de rego ou de consumo.

Ademais, asegura Colin: “Cos insecticidas tradicionais fan falta varios microgramos para matar a unha abella. Porén, con cinco nanogramos de fipronil descubrimos que xa morren. É a milésima parte do que ocorría cos produtos tradicionais”.

A importancia das abellas

Albert Einstein:

Sen abellas non hai alimentación para o home, as abellas son a base da vida humana na Terra

Esta afirmación de Einstein refírese ao papel polinizador das abellas e pon de manifesto a importancia das mesmas. Segundo a FAO, o 76% da alimentación humana depende da presenza de abellas nos nosos campos. As producións directas, mel, pole, xelea real, própole, cera… cuantitativamente son insignificantes, mais non así cualitativamente, pois trátase de produtos de extraordinario valor alimenticio e terapéutico. Pero a produción indirecta derivada da presenza destes insectos entomófilos, polinizadores do 80% das plantas con flores, é moi superior. Por cada euro que percibe o abelleiro polos produtos das súas abellas o seu equivalente en polinización de produtos agrícolas avalíase en 30 euros.

As abellas visitan as flores e, de paso que recollen o néctar, transportan o pole (célula masculina) polas distintas flores da mesma especie e provocan a fecundación dos óvulos (célula feminina) e o desenvolvemento de froitos e sementes, e a aparición de novas plantas.

Polo tanto, as colonias de abellas aseguran a polinización das plantas agrícolas e garanten a presenza de milleiros de plantas silvestres que participan no mantemento da biodiversidade. De faltárennos as abellas, rachará unha cadea do ecosistema na que os humanos somos un elo máis.