Brasil restrinxe a utilización de insecticidas para salvar ás abellas

O desaparecimento das abellas é, desde hai poucos anos, un dos problemas que preocupan tanto a apicultores como a agricultores. A función polinizadora que realizan as abellas nos campos de cultivo resulta tan fundamental que no Brasil o goberno ten comezado a preocuparse seriamente pola salvagarda desta especie.

De acordo ás teorías que defenden múltiples estudos sobre a relación entre o uso de insecticidas e outros produtos químicos na agricultura o Instituto Brasileiro do Meio Ambiente e dos Recursos Naturais Renováveis (Ibama) está a restrinxir a utilización de diversos produtos químicos considerados tóxicos para as abellas, fundamentalmente en cultivos de algodón, soia e trigo.

É de agradecer que algúns países comecen a tomarse en serio os problemas da utilización masiva de produtos químicos e as súas consecuencias para o medio, e en concreto para as abellas, piar fundamental da produción de alimentos. Mentres, na Galiza, promóvese a fumigación con flufenoxurón, un químico que a propia fabricante, BASF, indica como tóxico para as abellas na folla de seguridade.

Palestra sobre as fumigacións en Ferrol

Cartaz Palestra FerrolEste venres, 15 de xuño, ás 20,00h, no Museo da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol celebrarase unha Palestra sobre as Fumigacións.

Contarase coa participación de Andrés Lamas Seco (biólogo) , Segundo Ruiz Lemos (Técnico Forestal) e Manuel Ferreira Rodríguez (Abelleiro).

Narón di NON ás fumigacións

Outro concello ven de sumarse á lista dos concellos que rexeitan as fumigacións. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, dirixiuse ás consellerías de Medio Rural e de Sanidade instando á paralización das campañas de fumigacións, facendo fincapé na toxicidade do produto para os insectos polinizadores e á introdución do pesticida na cadea alimentaria.

Podes ler a nova na Voz:

Narón solicita a la Xunta la paralización de la fumigación de eucaliptos

El alcalde alerta a Medio Rural y Sanidade de los riegos para la «salud pública»
El alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ha instado a la Xunta a la paralización de las campañas de fumigación sobre los montes de eucalipto por los «riesgos» que supone para la «salud pública». Sigue lendo

[Comunicado de prensa] Centos de persoas amosan en Compostela o seu rexeitamento ás fumigacións con Flufenoxuron e piden unha Galiza sen pesticidas

Manifestación Compostela - Fumigacións NONVarios centos de persoas secundaron onte, 10 de xuño, a manifestación convocada pola Plataforma contra as Fumigacións-Por unha Galiza sen pesticidas en Compostela, para protestar contra a intención da patronal pasteira de combater a praga do gorgullo do eucalipto con fumigacións por toda Galiza, utilizando medios aéreos, e cun pesticida que será prohibido este ano en toda a Unión Europea: o Cascade (do fabricante Basf) que ten por principio activo o flufenoxuron.

Manifestación Compostela - Fumigacións NONEste pesticida está catalogado como daniño pola Unión Europea e a súa venda estará prohibida a partir do 1 de agosto pola súa toxicidade sobre a fauna (especialmente as abellas) e o medio ambiente, razóns polas que non poderá ser empregado máis alá do 31 de decembro. A pesar disto, a Xunta e a Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (ASPAPEL) pretenden levar a cabo unha campaña de fumigacións aéreas con este produto, que recoñece, na súa propia ficha técnica, ser tóxico para as larvas das abellas, co que iso supón, non so para as colmeas, senón para a agricultura e a natureza en xeral, polo papel fundamental destes insectos nos procesos de polinización.

Tras partir da Alameda ás 12:00 horas, a manifestación discorreu pola rúa da Senra, prazas Galicia e Toural e rúa do Vilar, para rematar na praza das Praterías. Alí, o portavoz da Plataforma contra as Fumigacións, Xesús Asorey, leu o seguinte manifesto:

A “PLATAFORMA CONTRA AS FUMIGACIÓNS. POR UN FUTURO SEN PESTICIDAS”queremos poñer en coñecemento da cidadanía que:

– A patronal pasteira, ASPAPEL, coa colaboración da transnacional química BASF, e a conivencia da Xunta pretenden fumigar mediante medios aéreos cun produto altamente tóxico os eucaliptais galegos afectados pola praga do gorgullo (Gonipterus scutellatus).

– Estes pesticidas xunto con outros sistémicos (agrotóxicos) están detrás da progresiva desaparición das abellas galegas, nos lugares onde máis se usan estes pesticidas desapareceron até o 80% das colmeas. Máis de 30.000 colmeas desaparecen todolos anos na Galiza. Esto convertese nun grave problema xa que as abellas cumpren unha función vital nos ecosistemas, como principal vector polinizador.

O sector apícola forma parte integrante da agricultura galega. Proporciona ingresos primarios ou complementarios a máis de 4.000 familias en toda Galiza.

Presta uns servizos vitais a agricultura a través da polinización e contribúe ao mantemento da biodiversidade. Calcúlase que un 84% das especies vexetais e un 76 % da produción alimentaria dependen da polinización por parte das abellas, cuxo valor económico é moito maior que o valor do mel producido e ascende a uns 15.0000 millóns de euros anuais na UE.

A apicultura tamén presta un servizo importante aos ecosistemas a través da polinización, que contribúe a mellora da biodiversidade ao manter a diversidade xenética das plantas e o equilibrio ecolóxico.

Por añadidura, a apicultura forma parte do património agrícola galego e das nosas tradicións.

Cal é a especie máis valiosa do planeta? Son as abellas, según quedou plasmado nunha reunión de prestixiosos científicos de todo o mundo, en Londres no ano 2008

Se as abellas desaparecesen, como os científicos veñen alertando desde fai anos, a supervivencia da nosa especie (e moitas outras) veríase seriamente comprometida; mesmo Albert Einstein advirtiu no seu momento de que a supervivencia da especie humana dependía das abellas.

– A fumigación con medios aéreos, provoca que até o 60% dos agrotóxicos dispersados caian fóra do seu obxectivo e se expandan a quilómetros de distancia do punto de fumigación. Deste xeito, o agrotóxico pode afectar e chegar a espazos naturais , a fincas veciñas con cultivos (derramando a produción ecolóxica se existira), as zonas habitadas debido a gran dispersión da poboacíon galega, e tamén afectaría a auga que bebemos. Alén do perigo para nosa saúde e a dos nosos nenos, xa que é nociva para os que son alimentados con leite materno.

– Xunto a aplicación masiva deste agrotóxico,vai incluído un tratamento biolóxico cunha avispa australiana (Anaphes nitens). Este veleno, o “Cascade”, matará tamén á Anaphes e a todo artrópodo nun radio de quilómetros, pólo que sería absurdo e contradictorio fumigar a masa forestal de eucaliptos con produtos químicos a vez que se está tratando coa avespa. Tratamentos biolóxicos que se veñen aplicando dende fai anos, e que segundo as propias fontes da Xunta de Galicia , continúan na actualidade, polo tanto tirando os cartos e acabando co traballo realizado.

– Ademais disto, debe tomarse en consideración que o produto empregado, o Flufenoxuron, é un insecticida que se atopa en período de moratoria e vai desaparecer do mercado polos efectos nocivos que ten sobre a saúde e o medio.O período de graza concedido pola Comisión Europea para ser retiradas as súas existencias remata o 31 de decembro de 2012. Dende a Xunta de Galicia non se fai mención a esta cuestión polo que nos fai sospeitar que está dacordo con estas industrias interesadas, neste caso BASF, en vender os seus “stocks” de pesticidas que nuns meses só poderá colocar en países do chamado “Terceiro Mundo”, acto que tamén denunciamos.

Polo anteriormente expresado amosamos o noso firme rexeitamento a este intento de fumigación e manifestamos que: Se a Consellaría de Medio Rural segue a avalar as esixencias da industria da celulosa e da industria química, e opta por non parar as fumigacións aéreas con agrotóxicos estará avalando a fumigación masiva da cidadanía galega, da flora e da fauna, e sobre todo levando por diante a nosa soberanía alimentar co exterminio das abellas. Todo isto, para beneficiar, ostentiblemente, ás grandes industrias madeireiras e de produción de celulosa, a costa de comprometer o futuro e a supervivencia dos nosos sectores agrarios e gandeiros e da cidadanía en xeral.

Fronte esta visión da administración pública dos nosos montes tan lesiva para o país, como cidadáns negámonos a aceptar que o conxunto do territorio galego se converta na finca privada dunhas poucas industrias con licenza para esquilmar e contaminar ao seu antollo en beneficio único e exclusivo das súas contas bancarias.

A única solución a esta situación é a prohibición destes pesticidas e agrotóxicos, xa que se trata dun problema que atenta contra as abellas, o medioambiente, a biodiversidade e a saúde pública. Reclamamos por tanto das administracións a adopción de medidas urxentes tendentes a prohibir o uso destes produtos nas masas forestais e tamén na agricultura. Neste sentido, a producción agraria debe estar orientada cara modelos alternativos, máis sustentábeis e respectuosos co medio ambiente, como a produción agroecolóxica. Unha nova agricultura libre de agrotóxicos e transxénicos é necesaria para que as nosas abellas continúen a prestar un servizo natural, gratuíto e dun incalculable valor.

– Denunciamos que o principal responsabel da praga é o monocultivo de eucalipto que se estende por toda Galiza. Ademais de ser unha especie alóctona, este cultivo é un grave erro que converteu os nosos montes en “desertos verdes” causante dunha das grandes lacras do noso país, o lume. A única solución e outra política forestal baseada na multifuncionalidade e a diversidade produtiva do monte coa utilización doutras especies vexetais, que promovan un uso alternativo ou complementario, baseado na correcta ordenación dos nosos montes e do territorio para que formen parte da sociedade en xeral, e da veciñanza do rural. Isto bastaría para corrixir os erros cometidos ata o de agora o mesmo tempo que serven de alternativa o abandono do monte e a xeración de emprego.

– Pedimos que nestas medidas correctoras e de paralización das fumigacións se impliquen o resto das consellerías, que como Sanidade ou Medio Ambiente tamén teñen algo que dicir, xa que está en xogo a saúde pública e a nosa propia supervivencia.

Con todo o manifestado defendemos “A biodiversidade e a función produtora de alimentos do noso medio rural, que so se garante con prácticas agrícolas e forestais que sigan os principios da Agroecoloxía”.

Moitas grazas dende a Plataforma contra as Fumigacións

#FumigaciónsNON 10Xuño: Manifestación en Compostela

Únete ao enxamio que percorrerá Compostela este domingo 10 de xuño contra as fumigacións!

A Plataforma contra as fumigacións vai defender un país sen pesticidas este domingo nas rúas de Compostela. As voces de abelleiros, labregos, ecoloxistas, e máis de 40 organizacións sociais de todo o país van crear un zunido imposible de calar! Agora non poderán borrar as nosas voces como fixeron con centos de protestas na súa páxina de Facebook. A Xunta de Galicia terá que escoitar o clamor en contra dunhas fumigacións que van contra o sentido común, contra as leis e o que é máis importante, contra o futuro da agricultura, dos ecosistemas e da saúde de milleiros de galegas e galegos que viven nas decenas de puntos que xa están marcados no mapa militar desta guerra contra a nosa soberanía alimentar e para maior gloria da auténtica praga: o eucalipto!

En Internet xa somos case 100.000 persoas a dicirlle NON ás fumigacións e SI á vida das abellas, vítimas na primeira liña deste ataque frontal contra a supervivencia da natureza da que nos alimentamos e da que somos parte intergrante. Agora xuntaremos milleiros de voces tamén nas rúas da capital de Galiza para deixarlles claro aos que poñen o diñeiro e asinan as autorizacións, que non imos permitilo e que coa comida e a auga que consumimos nós e os nosos fillos non se xoga. Co noso monte non se xoga! Nin unha pinga dese veleno na nosa auga, na nosa terra!

Axúdanos a espallar a convocatoria. Pega os cartaces da mani na túa cidade ou vila, fala do problema cos teus amigos, familiares, compañeiros de traballo, veciños…

Xa o dicían os nosos vellos: se morren as abellas, morremos nós!

Calquera día poden aparecer os helicópteros sobrevoando a túa vila, a túa aldea, os nosos montes… Agora é o momento de pararlles os pes! O domingo día 10 de xuño en Compostela!

Comparte este vídeo (realizado pola xente de Gz Vídeos) cos teus contactos e paremos o Apocalypse Flufenoxurón!

Ver o vídeo tamén en Youtube (ollo: o de Youtube non se pode inserir. Se o queres reproducir no teu web, utiliza o código de Blip.tv)

Os micólogos en contra das fumigacións

Os “danos colaterais” das fumigacións non sempre se teñen en conta mais xa sabemos que o flufenoxurón non ataca só ao gorgullo do eucalipto, senón que tamén lle afecta ás abellas, a outros insectos, ás aves, aos macroinvetebrados, … e tamén aos cogumelos, como denuncia a Federación Galega de Micoloxía nun artigo publicado na Voz:

Los micólogos denuncian los daños por la fumigación
Los micólogos han querido unirse a las quejas de los ecologistas gallegos respecto al anuncio de fumigaciones en zonas de eucalpitos del áre de Vigo y Pontevedra para luchar contra el gorgullo.
La Federación Galega de Micoloxía llama la atención sobre el riesgo que este material supone para los hongos y sus frutos, las setas. Según explican, existen estudios que han demostrados que los hongos son muy sensibles a la presencia de insecticidas en el medio. La situación se compilca si se tiene en cuenta que luego pueden ser consumidos por animales o por personas. Sigue lendo

Francia contra os pesticidas

Mentres na Galiza e noutros puntos do estado se planifican fumigacións aéreas con  pesticidas altamente tóxicos en periodo de moratoria que quedarán fora do mercado en apenas dous meses, en Francia retiran e prohíben o uso de insecticidas tan só coas sospeitas de que pode ser nocivo para as abellas.

Podes ler a nova continuación:

FRANCIA – PROHIBEN EL USO DEL INSECTICIDA CRUISER POR SER NOCIVO PARA LAS ABEJAS

El ministro de Agricultura, Stéphane Le Foll, dijo hoy  viernes que prohibió inmediatamente en suelo francés el uso del insecticidaa OSR Cruiser, sospechoso de ser nocivo para las abejas. Para “la siembra de la colza que se viene,  el permiso que se había sido otorgado se retira”, dijo a los periodistas después de recibir un informe de la ANSES (Agencia Nacional de Seguridad Alimentaria , el medio ambiente y el trabajo). La OSR Cruiser compuesto por 3 sustancias activas, tiametoxam (insecticida), fludioxonil y metalaxil-M (fungicidas) que se destinen al tratamiento de las semillas oleaginosas de las crucíferas.

Vía APINEWS, fonte eitb (en francés)

 

O Cascade: tamén tóxico para as aves

O pesticida flufenoxurón non só é tóxico para as abellas senón para moitos outros insectos, contamina a auga, … e ademais tamén as aves se ven afectadas, como demostran algúns experimentos.

Un traballo de investigación publicado no Journal of Cell and Animal Biology  [1] demostra que o flufenoxuron (principio activo do Cascade) altera o desenvolvemento embrionario dos ovos de galiña (empregado como animal de experimentación) e perturba distintos parámetros bioquímicos. Doses baixas de 20 microgramos producen una alta mortalidade embrionaria.

Os autores no seu traballo destacan tamén os: (i) efectos negativos do Flufenoxuron (Cascade) noutros organismos, por acumulación e magnificación na cadea alimentaria. [a, b, c] toxicidade en Podisus maculiventris [d] e en aves [e]; así como (ii) a súa persitencia no medio ambiente [f].

Referencias: Sigue lendo

A OCU contra as fumigacións

A Asociación de Consumidores e Usuarios (OCU) posiciónase contra as fumigacións nun artigo na súa páxina web. No artigo rexeitan e opóñense explicitamente ás declaracións do secretario xeral de Montes e Medio Rural da Xunta de Galicia, Tomás Fernández-Couto, cando dixo que o pesticida non era tóxico.

A OCU, que aposta sempre polo principio de precaución cando se trata de biocidas, pesticidas ou outros produtos, afirma que neste caso non é necesario pois a toxicidade está demostrada.

Reproducimos o artigo ao completo: Sigue lendo

Crónica da mesa redonda-debate do martes 29 de maio

Desde a Mariña lucense fannos chegar a crónica do que foi mesa redonda-debate celebrada onte en Ribadeo.

Reproducimos ao completo a nota de prensa enviada pola asemblea 15m da Mariña lucense – Occidente asturiano:

O pasado martes 29 tivo lugar en Ribadeo unha mesa redonda-debate para informar sobre as fumigacións dos eucaliptais na comarca. Foi convocada pola Asamblea do 15M da Mariña lucense- Occidente asturiano e, como poñentes da mesma, participaron unha enxeñeira forestal, un veterinario e un técnico de medio ambiente. Así mesmo, asistiron persoas pertencenteas aos colectivos que forman parte de Plataforma Fumigacións Non na comarca da Mariña: Sindicato Labrego Galego, Amarante, 15M, abelleiros, labregas, etc.
Igualmente, acudiron como público unha persoa do equipo de goberno do Concello de Ribadeo e outra pertencente a Promariba.
Desde a Asemblea 15M invitárase a participar tamén á Consellería de Medio Rural pero ninguén se presentou pola parte deste organismo. Sigue lendo