O día 16 de abril de 2012 constitúase en Compostela o cerne da Plataforma contra as Fumigacións. Hoxe arrinca este blog que pretende ser o punto de referencia sobre o problema e sobre as actividades da plataforma.
Aínda está nunha fase moi inicial e esperamos ilo completando con urxencia.
Acabamos de arrincar en Viveiro cun proxecto que versará sobre a agroecoloxía; tenda ecolóxica, asesoramento e divulgación da agroecoloxía. Espazo Agroecolóxico A Estruga. Será dificil neste marco asolagado polos eucaliptais pero hai que xerar alternativas en prol da diversidade.
Apoiamos plenamente a plataforma contra as fumigacións e ofrecémonos como voceiros desta zona para facer chegar a vosa mensaxe.
Moito ánimo e contade có noso apoio.
Se queredes adherirvos formalmente enviádenos un email ou respondede a este comentario. Grazas.
Resposta ó comentario para a adhesión formal á plataforma.
Seremos os vosos voceiros!!
Moito ánimo!! E moitas gracias por dar a coñecer as intencións de ASPAPEL que para moitos eran descoñecidas e dar voz a tantos anónimos que nos opoñemos frontalmente ás fumigacións con flufenoxuron. Contade conmigo.
Non ás fumigacións. Si salvamos as abellas salvaremos unha parte da nosa saude.