Malia teren borrado centos de mensaxes ata o momento e continuaren exercendo a censura das voces que desde o inicio desta ciberacción enchen as novas publicadas na Xunta no seu Facebook co berro de Fumigacións NON!, na sección de Recomendacións seguen a se lles acumularen. Hoxe a mediodía superáronse as 4.000 mensaxes nesta sección da páxina da Xunta de Galicia en Facebook, tal e como amosamos nesta captura.
As noticias que seguen a publicar nesta páxina os seus administradores continúan a encherse con comentarios, que unha vez pasados os momentos álxidos da ciberacción nos que chegaban de diversos países son agora procedentes principalmente de Galiza, o cal nótase especialmente na retranca ou raiba coa que son escritos.
Eles seguirán a borrar e nós a protestar (e a capturar as expresións de rexeitamento social a este demencial plan de fumigacións aéreas).
Tamén vos ofrecemos unha captura en formato HTML grazas a outro amable usuario que se ocupou de tomar a instantánea durante o día de hoxe.
Acaba de nacer unha nova hashtag para denunciar esta censura oficial: #censuraFBxunta https://twitter.com/search?q=%23CensuraFBxunta
Pingback: Todo pola pasta (de papel)! | Plataforma contra as Fumigacións